Volta o chapapote á costa: bólas de pequeno tamaño cobren as praias de Galicia

Asociacións ecoloxistas denuncian a aparición de fuel nas tres provincias con mar

Meses despois da chegada dos pellets froito da vertedura do buque Toconao ás costas de Galicia, a organización Noia Limpa denuncia outro episodio de contaminación, o cal está a afectar, maioritariamente, ás praias da Mariña lucense: trátase de pequenas bólas de chapapote, cuxa orixe aínda é descoñecida polas autoridades.

O primeiro avistamento do fuel deuse fai días na praia de A Marosa, no Concello de Burela. A Asociación A Mariña sen Plástico amosaba nun vídeo na súa rede social de Instagram unha grande cantidade de pequenas bólas de alcatrán. Dende a publicación, a Asociación preguntaba pola situación doutras praias da mariña, e outros usuarios aproveitaron para denunciar a mesma imaxe nos concellos de Ribadeo e Foz. O colectivo tamén organizou unha acción de voluntariado para recoller o fuel na mesma praia de Burela. Días despois, a aparición de chapapote chegou mesmo a outras rexións máis afastadas como Cariño e Valdoviño.

Publicidade

Dende Noia Limpa subliñan que as bólas de chapapote son difíciles de ver, polo que en moitas ocasións a xente que vai á praia non é consciente da súa presenza ata que, ao chegar a casa, decátanse de que as levan nos pés.

Zonas con presenza das bólas de chapapote. Foto: Noia Limpa.

Sen culpábeis, polo de agora

Ademais, a organización chama a acción cidadá á hora de notificar o chapapote en calquera outra praia avisando ao 112 e as socorristas. Aínda que inicialmente a vertedura apareceu na costa de provincia de Lugo, o fuel está presente xa nas tres provincias galegas con mar. O maior número de alertas por avistamento destas bólas de chapapote deuse na rexión asturiana de Navia, mais aínda se descoñece a orixe do incidente.

Publicidade

Salvamento Marítimo anuncia que está a investigar o que semellan ser hidrocarburos moi degradados. As imaxes dos satélites non alertaron ningunha detección da vertedura, e tampouco hai constancia de ningunha descarga, nin operacional nin accidental.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía

Galicia, a segunda comunidade con maior taxa de mortes atribuíbles ao consumo de alcol

O último informe do ISCIII rexistra 40 casos por cada 100.000 habitantes entre 2010 e 2021, nun podio que lidera xunto a Asturias e Ceuta e Melilla