Venres 6 Marzo 2026

Aparecen “galletas” de chapapote en praias da Illa de Arousa

Salvamento Marítimo desprega un dispositivo na zona e un buque está retido no Porto de Vigo baixo a sospeita de ter verquido augas residuais

Vinte anos despois da catástrofe do Prestige, en varias praias do municipio pontevedrés da Illa de Arousa apareceron na mañá deste martes ‘galletas’ de chapapote no medio das algas. Polo de agora, descoñécese a procedencia desta vertedura e sobre a ría sobrevoa o helicóptero Pesca I, que foi mobilizado por Salvamento Marítimo, segundo fontes da Consellería do Mar.

Restos aparecidos este martes na Illa de Arousa | Cedida

Segundo a prensa local, un buque permanece retido nun peirao de Vigo pola sospeita de provocar o a vertedura ao mar de augas sucias que acabou chegando en forma de chapapote á Illa de Arousa.

Publicidade

Un peixe morto polos restos aparecidos este martes na Illa de Arousa | Cedida

1 comentario

  1. Parece que xa está confirmado que o buque verquiu ese chapapote nas augas mariñas do noso litoral ,polo que a xusttiza deberia actuar de xeito inmediato, co apresamento do capitán do barco e unha forte multa para que estes temas de contaminación , frecuentes aínda hoxe en Galicia, non volvan a repetirse Nunca Máis.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Gumersindo Feijoo: “A dieta atlántica sempre é boa opción para a saúde e o medio ambiente”

O catedrático da USC dará unha conferencia en Lugo sobre a pegada de carbono no sector alimentario

De Altri a Ence: os oito conflitos ambientais en Galicia dos que alerta un mapa europeo

Unha ferramenta interactiva ofrece información detallada sobre a loita social contra proxectos polémicos como os eólicos

Volta o chapapote á costa: bólas de pequeno tamaño cobren as praias de Galicia

Asociacións ecoloxistas denuncian a aparición de fuel nas tres provincias con mar

Un equipo galego utiliza materiais que respiran CO2 para refrixerar e quentar fogares

O grupo da UDC busca substituír os actuais compoñentes de calefacción, daniños para o medioambiente, por outros máis sostibles e eficientes