‘Mozarrón’ e ‘Pega’, as tartarugas que regresan ao mar tras chegar desnutridas ás costas galegas

A CEMMA devolve ao océano dous espécimes de 'Caretta caretta' despois dunha rehabilitación en augas de 18 a 20 graos

A Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA) vén de devolver ao océano dúas tartarugas mariñas comúns (Caretta caretta), Mozarrón e Pega, despois de que completaran a súa rehabilitación. O CEMMA conta que estes animais chegaran ás súas mans desnutridos e con moito frío: “No outono e, sobre todo, no inverno baixa a temperatura da auga. Como son réptiles, quedan en letargo e son arrastradas polas correntes ata nós”.

A ONG galega explica que unha ampla maioría das tartarugas que chegan ás costas galegas veñen con plásticos. Sinalan que, durante os primeiros días, as tartarugas desfanse deses materiais a través das súas feces e despois dese “détox” inicial van ao centro veterinario. “Aínda que case todas nos veñen con plásticos, o motivo polo que varan son as malas condicións de nutrición que experimentan polo letargo do frío”, aclaran na CEMMA.

Publicidade

Sobre o proceso de rehabilitación, os membros da coordinadora levan os espécimes a Nigrán, onde reciben calor e comida. “Dámoslles auga de entre 18 e 20 graos, que é o que prefiren”, indica a organización. Explican que como fase final poñen un microchip que poida identificar cada individuo. Así, sinalan, se volven ás nosas costas ou chegan a outras, poderá saberse de onde veñen. No caso de Mozarrón e Pega non incluíron un dispositivo localizador, polo que de aquí en adiante non poderán seguirlles a pista por vía satelital.

Como recoñecer unha Caretta caretta?

A CEMMA explica que as tartarugas comúns, as máis abundantes nas costas galegas, son de cor marrón e poden identificarse segundo as escamas —en concreto, a súa posición— que teñen na cuncha. Ademais, teñen catro placas prefrontais na cabeza e contan con dúas unllas nas aletas dianteiras, mentres que outras especies teñen tan só unha.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

As candorcas volven ás costas galegas: rexístrase un avistamento nas Rías Baixas

A CEMMA confirma que os cetáceos xa se atopan de camiño ao norte de Galicia e agardan a chegada doutros dous grupo que veñen dende Portugal

A historia das tartarugas que chegaron a Galicia tras o tren de borrascas e agora regresan ao mar

A Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños liberará a 'Tanxil' e 'Noetiña' fronte á ría de Vigo na embarcación 'Novo ollo do mar'

▪️ Un estudo con participación galega atopa proteínas relacionadas co alzhéimer en cetáceos

A investigación determina que a proteína AT100 asociada a doenzas neurodexenerativas indica envellecemento natural e dano neuronal agudo

Case a metade dos cetáceos de augas profundas inxiren macrolixo no noroeste ibérico

A CEMMA participa nun estudo que documenta que aproximadamente o 30% dos exemplares acaba falecendo a causa de lesións dixestivas