Este sinxelo experimento amosa a importancia de lavar as mans

Un clásico nas aulas para concienciar aos escolares de que a hixiene das súas mans é fundamental para previr doenzas

Lavar as mans é importante. Realmente importante. Pero, como podemos amosalo visualmente para que o comprendan os nenos? A cuestión é que hai un experimento sinxelo para facelo. A mestra Dayna Robertson, dunha escola primaria de Idaho (EUA), fíxose viral recentemente nas redes sociais usando na súa clase simplemente un pouco de pan de molde.

Robertson levou a cabo esta clásica actividade na aula cos seus estudantes: conseguiron que os nenos con varios niveis de limpeza de mans tocasen pedazos de pan branco que se tomaron da mesma barra o mesmo día. Logo, selaron o pan en bolsas de plástico individuais para ver que pasaría un mes despois. “Tomamos pan fresco e tocámolo”, explica a profesora nunha publicación viral de Facebook que ata o de agora se compartiu unhas 65.000 veces.

Publicidade

“Deixamos unha porción de pan de molde sen tocar. Outra, coas mans sen lavar. Unha con desinfectante para mans. Unha coas mans lavadas con auga e xabón. Logo decidimos fregar unha peza en todos os ordenadores da nosa clase”. A este último anaco de pan non lle foi ben. Tampouco, ao resto, agás a bolsa do que lavou as mans con auga e xabón e, por suposto, a porción de ‘control’.

O pan que pasou polos teclados de todos os ordenadores da clase, un mes máis tarde.

As outras torradas estaban cubertas de mofo, mentres que o desinfectante de mans en si mesmo non pode substituír o lavado de mans adecuado.

Publicidade

O pan no que se usou un desifectante de mans.

Este é un experimento clásico en moitas aulas en todo o mundo. E amosa a importancia de lavar as mans, tamén para evitar contaxios nesta época do ano: a gripe atopa nas mans o mellor vehículo para propagarse.

O pan tocado por mans que foron lavadas con auga en xabón.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Con que frecuencia debes lavar as sabas? Unha microbióloga responde

Cada noite, mentres durmimos, desprendemos centos de miles de células da pel, excretamos aceites das nosas glándulas sebáceas e suamos ata medio litro de líquido

Un novo fungo amplía o catálogo natural da Illa de Cortegada

O achado engádese a máis de 1.000 fungos rexistrados no ecosistema insular de 44 hectáreas que concentra arredor do 50% do total documentado en Galicia

A UVigo lidera un proxecto europeo para revolucionar os pensos de acuicultura

Un equipo do CIM desenvolverá un ingrediente alternativo e nutritivo para a alimentación de especies como a robaliza

As aplicacións ocultas das microalgas para a saúde e a economía

Dende suplementos ata combustibles ou incluso armas químicas, os pequenos organismos mariños son fonte de numerosas innovacións