Atención ao paso da Estación Espacial Internacional sobre Galicia

A Estación Espacial Internacional fará este sábado 26 de xaneiro dous pases sobre Galicia que serán visibles polos ceos despexados e pola súa magnitude aparente, que será de -3,8 no caso das 19.13 horas.

O xigante orbital aparecerá esta noite en dúas ocasións: ás 19.13 e ás 20.50 horas. Tamén será visible nos vindeiros días, como amosa a táboa que podes consultar abaixo aínda que a nubosidade poida impedir a súa visión.

Publicidade

A ISS aparece como un pequeno punto branco que se move polo ceo a grande velocidade, xa que esta nave orbita arredor da Terra a uns 400 quilómetros de altura, a unha velocidade de 28.000 quilómetros por hora (preto de 8 km/s).

A Estación Espacial está a cruzar o ceo continuamente, ás veces gravando o territorio de Galicia.  Tamén tomando retratos do país dende a órbita da Terra. Pero  non sempre é visible, xa que iso depende de diversos factores, entre eles a nubosidade. Tamén depende da latitude na que orbite en cada xornada.

Publicidade

Para observala en boas condicións, cómpre afastarse da contaminación lumínica das cidades e situarse en lugares elevados onde haxa un bo campo de visión.

Podes consultar os próximos pasos da Estación Espacial Internacional sobre a túa localidade na web de Estación Espacial.

Pases previstos da Estación Espacial Internacional sobre Galicia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

En 2025 rexistráronse 14 bólidos sobre o ceo de Galicia

A lista recompilada pola rede de investigación SPMN sinala outubro como o mes con máis observacións

Detrás do ‘biotech’ galego

Unha xornalista de GCiencia viaxa a Bilbao con motivo de BioSpain 2026. Por Andrea Veiga

Así é ImageDataSpace, a rede galega de imaxes médicas para acelerar a investigación e o diagnóstico

A iniciativa conecta centros, universidades e profesionais sanitarios para desenvolver novos algoritmos baseados en IA en cardioloxía, anatomía patolóxica e oftalmoloxía

Galicia presenta no Parlamento Europeo unha ferramenta pioneira para avaliar o uso do galego na IA

O Proxecto Nós, impulsado pola USC, amosa os resultados iniciais de “Arena Nós”, que analiza como os grandes modelos comprenden, xeran e representan a lingua