“É incrible que asumamos que isto vai pasar o 90% das veces”: o problema do lixo mariño

O CEMMA denuncia a presenza de plásticos en dúas tartarugas que recuperaron nas costas galegas

Cando Juana e Malpica chegaron ao CEMMA, as dúas tartarugas levaban no seu interior uns agasallos que cada vez causan menor sorpresa. Anacos de rede, plásticos…o lixo é omnipotente no mar, unha tristeira realidade asimilada pola poboación e ata polos profesionais do CEMMA, que denunciaban na súa conta de X: “É incrible que xa teñamos asumido como o máis normal do mundo que isto vai pasar no 90% dos casos”.

A presenza do plástico está a causar estragos nos ecosistemas mariños a nivel global. Á ameaza da pesca fantasma, que ocorre cando un animal é capturado polas redes abandonadas dos mariñeiros, únese a problemática dos microplásticos, os cales son inxeridos pola fauna mariña danando despois os seus tecidos e ocasionando enfermidades.

Publicidade

No 2019, un estudo da Universidade de Vigo analizou unha mostra de mexillóns da ría viguesa e atopou microplásticos en todas as mostras. Ao ano seguinte, outra investigación levada a cabo polo IEO e o CSIC de Galicia chegaban a un resultado similar para o caso dos golfiños varados nas costas galegas entre os anos 2005 e 2010.

O CEMMA  (Rede de Varamentos de Galicia) conta co apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica, mediante o proxecto REVARGAL que é financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), e co apoio da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A galega Gradiant desenvolve un modelo de atención integrada para os pacientes con feridas crónicas

A ferramenta creada polo centro tecnolóxico, en colaboración co IIS Galicia Sur, busca ofrecer unha asistencia máis personalizada, coordinada e eficiente

Vigo impulsa o uso pioneiro da realidade virtual para mellorar a recuperación tras un transplante de médula

O proxecto do IIS Galicia Sur e o Hospital Álvaro Cunqueiro combina exercicio terapéutico e tecnoloxía para combater a deterioración física e emocional

A borrasca subtropical Charles regará Galicia con fortes chuvias durante o mércores

A nova zona de baixas presións tomará o relevo de Bruna e MeteoGalicia establece a alerta amarela en Ourense por precipitacións

“Meu querido e ademirado amigo”: as cinco cartas conservadas de Otero Pedrayo a Cabanillas

O Consello da Cultura Galega publica epístolas que revelan a amizade, complicidade intelectual e momentos vitais compartidos entre as dúas figuras destacadas