A Xunta subvenciona a conexión a internet de case 5.000 persoas vulnerables

Os bonos permitirán unha redución mensual de ata 20 euros na factura e poderán solicitarse ata o 30 de setembro

A Xunta acaba de lanzar a terceira convocatoria de bonos dixitais para facilitar a contratación e mantemento de servizos de internet a familias e persoas vulnerables. A iniciativa está enmarcada no Programa estatal UNICO Bono Social, e conta cun orzamento de 1,16 millóns de euros que permitirá acadar os 4.844 beneficiarios. As solicitudes para as axudas poden presentarse ata o próximo 30 de setembro.

O obxectivo dos bonos dixitais é facilitar a familias ou persoas vulnerables a contratación ou o mantemento das liñas de conexións á banda larga cunha velocidade mínima de 30Mbps. As axudas reducirán o custe mensual de factura ata 20 euros durante un ano cun importe total máximo de 240 euros.

Publicidade

A novidade desta terceira convocatoria é que o Goberno central, como resultados das peticións reiteradas desde 2022 de distintas comunidades autónomas entre a que se atopa Galicia, permite agora a subvención dos servizos xa contratados nos fogares sen necesidade de realizar novas altas.

Os beneficiarios destas subvencións son persoas cunha renda anual inferior ao 125% do IPREM, en caso de non ter menores na unidade familiar, ou ao 175% en caso de telos. Son, fundamentalmente, beneficiarios da Risga, do Ingreso Mínimo Vital, así como outras familias con poucos recursos ou en risco de exclusión social.

Publicidade

Reforzar a conectividade no tecido industrial

A Xunta lamenta que debido ao deseño do Programa ÚNICO, fixado de xeito unilateral polo Goberno central sen ter en conta as características e necesidades de cada comunidade, nas convocatorias dos anos 2022 e 2023 concedéranse unicamente 900 bonos dixitais cun importe de 216.000 euros.

Por esa razón, o Goberno galego lanza agora unha nova convocatoria dos bonos dixitais, xa que aínda dispón de 1.162.560 euros dos 1.378.560 euros transferidos polo Estado. Isto complica a execución dos programas en tempo e forma, polo que a Xunta insiste na petición feita no marco da Conferencia sectorial para a Transformación dixital do pasado mes de maio para ampliar o prazo. Así, o Goberno galego agarda adaptar as actuacións e poder executar adecuadamente os proxectos co obxectivo de mellorar a conectividade no territorio galego.

Os bonos dixitais son unha das medidas definidas polo Goberno central para a mellora da conectividade no territorio. Ademais desta liña de axudas para colectivos vulnerables, este ano a Xunta porá en marcha novas convocatorias do Programa ÚNICO no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, a través do cal Galicia recibe 19,1 millóns de euros. Concretamente, convocaranse as correspondentes liñas de axudas para o reforzo da conectividade en polígonos industriais e centros loxísticos e para a mellora das infraestruturas de telecomunicacións nos edificios.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A Xunta insta á empresa responsable da represa do río Umia a corrixir as deficiencias detectadas

As inspeccións detectaron filtracións que afectan o correcto funcionamento da infraestrutura e do paso previsto para os peixes migratorios

Un programa pioneiro permitirá coñecer as avelaíñas do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia

A primeira mostraxe da Xunta en Cortegada rexistrou 127 exemplares de máis de 40 taxóns nunha soa noite

O caso da sentenza das Conchas: por que a Xunta volve abrir o decreto sobre nitratos da Limia?

A reapertura da consulta pública coincide co primeiro fallo do TSXG sobre o encoro e impulsa o debate para frear a contaminación da comarca

A Xunta activa por primeira vez a emerxencia cinexética en toda Galicia ante os danos do xabaril

A medida estará vixente ata o 31 de xullo de 2027 e permitirá intensificar as capturas para reducir os danos na agricultura, os accidentes de tráfico e os riscos sanitarios