O autorretrato do ‘rover’ e a sonda da China en Marte

A misión da axencia espacial do país difunde unha fotografía do 'Zhurong' e a 'Tianwen' un mes despois da súa chegada ao planeta vermello

Case un mes despois de acadar o fito de pousar a sonda ‘Tianwen‘ (que podería traducirse como ‘preguntas ao ceo’), a misión da China en Marte continúa o seu camiño e remite novas imaxes á Terra. Esta semana, a Administración Espacial Nacional chinesa (CNSA) difundía un autorretrato da sonda e o vehículo ‘Zhurong‘ (nome do deus do lume) co que explorarán a zona da Utopia Planitia.

O autorretrato realizouse a través dunha cámara sen fíos situada nun primeiro momento no ‘Zhurong’. Despois do lanzamento en xullo de 2020 e a chegada á superficie do planeta, o 15 de maio, o ‘rover’ descendeu da plataforma de amartizaxe para comezar a exploración do planeta. Desde entón, o vehículo estivo recollendo informacións sobre as condicións ambientais, tomando fotografías en tres dimensións de alta resolución e analizando os materiais da superficie, o subsolo e o campo magnético marcianos. China converteuse así, despois dos Estados Unidos, no segundo país en levar con éxito un robot ao planeta vermello.

Publicidade

A galería recolle, ademais do autorretrato, unha panorámica dos arredores da zona de Utopia Planitia onde se sitúan os dous aparellos. É unha área relativamente cha, con algunhas rochas de diferentes tamaños e algunhas dunas no horizonte. Tamén se pode observar noutra imaxe á ‘Tianwen’ xunto ás pegadas das rodas de ‘Zhurong’.

Fonte: CNSA.
Fonte: CNSA.

A exploración da superficie marciana supón un novo fito para a CNSA, que en 2019 conseguiu levar por primeira vez un vehículo na cara oculta da Lúa, o Chang’e 4.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Reducir ata un 15% o risco de padecer demencia? A resposta pode estar no teu tensiómetro

Un ensaio clínico na China rural marca diferenzas entre a poboación hipertensa á hora de desenvolver esta enfermidade

Como podes ver esta noite a grande aliñación planetaria dende Galicia

O 28 de febreiro os concellos das Rías Baixas terán ceos despexados, o que facilitará a observación dos corpos celestes formando un arco sobre a Terra

Descuberto en China un novo virus do mesmo xénero que Crimea-Congo transmitido por carrachas

O patóxeno emerxente, denominado Xue-Cheng pola cidade onde foi descuberto, provocou dende febres agudas ata ingresos hospitalarios en 25 pacientes

É perigoso o virus respiratorio está a desatar a alarma en China?

A maioría de persoas poida que non oísen falar do metapneumovirus humano, mais é moi probable que estivesen infectadas por el nalgún momento