Xoves 18 Abril 2024

A vida despois da vacinación contra a Covid-19

* Un artigo de Antoni Trilla

As vacinas fronte á Covid-19 son, sen dúbida, o avance máis espectacular da ciencia e a medicina das últimas décadas. O obxectivo da vacinación é protexer á poboación das consecuencias graves desta enfermidade e reducir a transmisión do virus.

Publicidade

Hoxe, os cidadáns da Unión Europea poden protexerse con catro vacinas aprobadas pola Axencia Europea do Medicamento (EMA, polas súas siglas en inglés) e hai varias máis en proceso de revisión. Todas demostraron unha moi boa efectividade fronte ás formas graves da Covid-19.

Temos datos reais de países, como Israel ou Estados Unidos, onde a porcentaxe de poboación vacinada cunha pauta completa é moi elevada. O mellor exemplo quizais é o de Israel, onde compraron todas as doses que necesitaban (maioritariamente a Pfizer) e despregaron unha extraordinaria campaña de vacinación. Hoxe superan o 80% de poboación adulta vacinada, o que aproximadamente supón un 60% da súa poboación total. Ademais, os científicos israelís consideran que é posible que un 70% da poboación teña inmunidade fronte ao coronavirus, ben sexa pola vacinación —a causa maioritaria— ou por superar a infección.

Israel, con máis dun 80% de poboación adulta vacinada, rexistra agora menos de 15 casos novos ao día

A realidade é que Israel rexistra agora menos de 15 casos novos ao día e retirou practicamente todas as restricións e medidas de control non farmacolóxicas, aínda que os cidadáns seguen levando máscaras en espazos interiores. O país tamén instaurou un certificado dixital (o Green Pass) que permite entrar libremente en lugares pechados e concorridos como concertos, ximnasios ou restaurantes se os cidadáns están vacinados ou presentan unha proba PCR negativa. Finalmente, a vacinación en Israel non é aínda homoxénea: os territorios palestinos teñen coberturas de vacinación moi baixas, igual que algúns grupos relixiosos ultraortodoxos.

As claves posteriores ao control da pandemia

Na vida tras a vacinación contra a Covid-19 hai outros factores importantes a considerar. Non sabemos canto dura a inmunidade, tanto a inducida polas vacinas como a derivada da infección natural. Probablemente dure meses, quizais anos, pero debemos contemplar a probable necesidade de repetir periodicamente a vacinación. Tamén é importante vixiar e seguir a posible aparición de variantes preocupantes de coronavirus (VOC, polas súas siglas en inglés) que, no caso de que escapen á acción das vacinas actuais, poden facer necesario empregar unha vacina modificada ou nova.

Esta situación, aínda aínda con datos preliminares, pódese observar agora no Reino Unido. Este país apostou decididamente por unha política de vacinación masiva e rápida cunha primeira dose, fundamentalmente das vacinas AstraZeneca e Pfizer, atrasando ao máximo a segunda dose para cubrir a máis poboación.

Ao comezo da vacinación, a variante predominante do coronavirus era a británica (agora denominada Alfa). Desafortunadamente esta variante, fronte ás dúas vacinas mencionadas son moi efectivas, foi substituíndose pola variante india (agora denominada Delta), que xa predomina no país e fronte á que as vacinas parecen menos eficaces. O resultado é que se está rexistrando un aumento de casos da Covid-19 (ata o de agora non graves), entre a poboación non vacinada e entre a poboación que recibiu unha soa dose da vacina, polo que o Reino Unido está agora acelerando ao máximo as segundas doses da vacina.

Na situación actual, a estratexia para o control funcional da pandemia que se está empregando en moitos países (o denominado modelo do queixo suízo, con múltiples capas ou liscos de protección simultáneas) inclúe a vacinación como unha capa importante de defensa máis. Pero para alcanzar unha certa normalidade estable necesitamos vacinar a moita xente e canto antes. Este obxectivo é, a curto-medio prazo, alcanzable en España.

Alcanzar unha certa normalidade estable é posible a curto-medio prazo en España, pero necesitamos vacinar a moita xente e canto antes

O control funcional desta pandemia significa unha baixa transmisión comunitaria de casos, que polo seu número poden ser rastrexados e controlados, e quizais algún brote localizado de cando en vez. Tamén haberá casos graves (menos) e algún falecido, desgraciadamente, por esta enfermidade. Nada distinto a outras enfermidades coas que convivimos habitualmente. Pero o sistema sanitario poderá facer fronte a esta situación con normalidade. É dicir, mantendo toda a súa actividade habitual, xa que as persoas vacinadas estarán razoablemente protexidas fronte ás formas graves de enfermidade.

A esperada inmunidade de grupo

É probable que a inmunidade de grupo non se acade nunca. Non pasa nada. O importante é ter ao máximo número de habitantes protexidos (inmunizados). A circulación do virus será cada vez máis difícil se a poboación susceptible diminúe significativamente.

O mundo necesita agora máis doses de vacinas fronte á Covid-19 das que se produciron de calquera outra vacina en toda a historia. Hai que vacinar a miles de millóns de persoas para tentar alcanzar o control funcional da pandemia. Ninguén estará seguro ata que todos esteamos seguros.

Este verán, se todo vai ben, poderemos quitar a máscara en exteriores, pero aínda temos un longo camiño que percorrer. Hai que ser prudentes. Non podemos dar pasos en falso nin pasos atrás. Ata que non alcancemos cifras altas de vacinación (polo menos o 70 % da poboación) e a incidencia de casos se estabilice en cifras baixas (menos de 50 por 100.000 habitantes) non estaremos nunha zona de suficiente seguridade. Hai que seguir adiante, cada día, na boa dirección. E todo, fundamentalmente, grazas ás vacinas.


* Antoni Trilla é decano da Facultade de Medicina e Ciencias da Saúde da Universidade de Barcelona. Xefe de Servizo de Medicina Preventiva e Epidemioloxía do Hospital Clínic de Barcelona. Profesor de investigación no Instituto de Saúde Global de Barcelona (ISGlobal)

Este artigo publicouse orixinalmente en Voces expertas, unha sección coordinada pola Agencia SINC na web da estratexia de vacinación en España (vacunacovid.gob.es).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Os pediatras aconsellan vacinar as embarazadas para evitar casos graves de tosferina

A inmunización das nais xestantes proporciona unha elevada protección aos bebés ata que reciben a súa primeira dose aos dous meses de idade

África González, ante a reaparición do sarampelo: “As familias deben vacinar os seus fillos”

España rexistra os seus primeiros casos trala pandemia e dende o 1 de xaneiro suma xa 15 contaxios

Drástica caída das hospitalizacións de bebés en Galicia pola vacina do virus sincitial

A Consellería de Sanidade comunicou os primeiros datos despois de iniciar, por primeira vez en España, a campaña de vacinación

Galicia arrinca a vacinación contra a gripe e a covid o 25 de setembro

A Consellería de Sanidade confirma que a campaña de 2023 se prolongará ata o 31 de decembro e se levará a cabo en diferentes centros