O rover chinés Zhurong logrou aterrar en Marte

O novo fito na carreira chinesa no cosmos súmase ao seu primeiro astronauta, a sonda na cara oculta da Lúa e o seu inminente proxecto de estación espacial

O rover chinés Zhurong xa está na superficie do planeta Marte, dentro dunha gran chaira chamada Utopia Planitia. O primeiro robot marciano chinés aterrou con éxito no planeta vermello, segundo anunciaron os medios estatais do país este sábado hora local.

A exitosa aterraxe marca un fito para o programa espacial de China e converte ao país no segundo do mundo en lograr poñer un robot no planeta vermello con éxito tras dos Estados Unidos. China conseguiu ata o de agora enviar a astronautas ao espazo, lanzar sondas á Lúa e pousar un robot en Marte, o premio máis prestixioso na competición polo dominio do espazo.

Publicidade

O éxito foi narrado en vivo nunha edición especial da televisión chinesa titulada ‘Nihao Huoxing’ (Ola Marte) que incluía as felicitacións do presidente Xi Jinping ao equipo encargado da perigosa manobra. Ás 23:18 GMT do venres o módulo de aterraxe da sonda Tianwen-1 pousouse en Utopía Planitia, localizada no hemisferio norte do planeta vermello.

En xullo do 2020 China lanzou a súa misión non tripulada Tianwen-1, composta por tres elementos. O primeiro era unha sonda orbital que vira arredor do planeta vermello, o segundo: o módulo que se pousou sobre marte, e o terceiro o robot ‘Zhurong’, que agora saíra para comezar a súas exploracións.

Publicidade

Cun peso de máis de 200 quilos o robot está equipado con instrumentos de alta tecnoloxía para efectuar análise do solo, da atmosfera, tomar fotografías, entre outros elementos. Prevese que percorra Marte durante tres meses. Antes de lograr este importante paso China sufriu varias desfeitas. Dez anos atrás Pequín xunto con Rusia tentou enviar unha sonda a marte. Pero a misión rematou en fracaso. A partir de entón China optou por continuar a aventura en solitario.
As ambicións do xigante asiático van máis aló de Marte. En 2003 enviaron o seu primeiro astronauta ao espazo. E no 2019 lograron pousar un vehículo no lado escuro da Lúa, considerado tamén un fito a nivel mundial. Agora, esperan establecer unha grande estación espacial para finais do 2022.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Reducir ata un 15% o risco de padecer demencia? A resposta pode estar no teu tensiómetro

Un ensaio clínico na China rural marca diferenzas entre a poboación hipertensa á hora de desenvolver esta enfermidade

Como podes ver esta noite a grande aliñación planetaria dende Galicia

O 28 de febreiro os concellos das Rías Baixas terán ceos despexados, o que facilitará a observación dos corpos celestes formando un arco sobre a Terra

Descuberto en China un novo virus do mesmo xénero que Crimea-Congo transmitido por carrachas

O patóxeno emerxente, denominado Xue-Cheng pola cidade onde foi descuberto, provocou dende febres agudas ata ingresos hospitalarios en 25 pacientes

É perigoso o virus respiratorio está a desatar a alarma en China?

A maioría de persoas poida que non oísen falar do metapneumovirus humano, mais é moi probable que estivesen infectadas por el nalgún momento