Terremoto de magnitude 3,4 en Laza, o décimo en 48 horas

O tremor foi seguido de novos terremotos nunha zona tradicionalmente de intensa actividade sísmica en Galicia

Un terremoto de magnitude 3,4 foi rexistrado na noite deste venres con epicentro no concello de Laza, en Ourense. Trátase dun dos sismos máis intensos no último ano en Galicia e a proba dunha intensa actividade sismolóxica nesta zona, onde nas últimas 48 horas o Instituto Xeográfico Nacional detectou ata dez terremotos. O maior deles, rexistrado ás 23.27 horas do venres, chegou a sentirse en localidades próximas como Verín, e mesmo en Chaves, xa en Portugal. En total, hai testemuños de que o sismo foi sentido en ata en 13 municipios distintos, entre eles a cidade de Ourense, Cualedro, Monterrei, Chandrexa da Queixa ou A Teixeira.

O enxame sísmico en Laza das últimas horas. Fonte: Instituto Xeográfico Nacional.

Tras o primeiro sismo de 3,4 de magnitude houbo outros menores: un de 2,3 rexistrado ás 23.30 horas, un de magnitude 1,7 (23.41 horas), un tremor de 1,9 ás 23.44 horas e outro movemento de magnitude 2,3 e a unha profundidade de 14 quilómetros rexistrado ás 00.41 horas. Horas máis tarde, entre as 2.15 e as 2.20 horas da madrugada, Laza foi o epicentro doutros catro sismos dunha magnitude en torno a dous. O primeiro tremor en Laza acontecera na madrugada deste xoves, ás 6,45 horas, cunha magnitude de 2.8.

Publicidade

Os terremotos máis grandes rexistrados en Galicia

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Tremor no Caribe

Dous terremotos sacoden Venezuela e deixan un balance catastrófico con 1.450 falecidos e 3.150 feridos. Por Laura Filloy

A volta das lapas

As consecuencias dos incendios do verán de 2025 e o primeiro gran lume de 2026. Por Andrea Veiga

A falta de retención dos solos tras os incendios de 2025 agravou as riadas de Ourense

O edafólogo Agustín Merino vincula as escorreduras do 17 de xuño coa escasa revexetación durante o inverno e a ausencia de actuacións de restauración

Cámaras térmicas rexistran 40 graos nun patio escolar de Ourense

A organización Greenpeace mediu as temperaturas de escolas de cinco cidades españolas e determinou que as aulas dun colexio ourensán ten mínimas de 27 graos