Así podes ver dende Galicia a choiva de estrelas das Xemínidas

O Instituto de Astrofísica de Canarias ofrece unha retansmisión en directo dun fenómeno único porque está provocado por un asteroide

Chega a choiva de estrelas das Xemínidas, unha das máis importantes do ano. E a única que non procede dos refugallos dun cometa, senón polos restos dun asteroide, Faetón, descuberto o 11 de outubro de 1983 polo satélite infravermello IRAS (Infrared Astronomical Satellite) da NASA.

Pero en Galicia non será posible asistir en vivo ao espectáculo, porque un tren de borrascas cubrirá o ceo os vindeiros días ata o Nadal. Así que só existe unha opción para contemplar estes meteoros: ver en directo a transmisión que fará o Instituto de Astrofísica de Canarias dende o Observatorio de Izaña, na illa de Tenerife, fronte ao Teide.

Publicidade

Nesta ligazón podes ver a transmisión en directo que farán esta noite dende o IAC.

O que distingue un asteroide dun cometa é que estes últimos teñen materiais volátiles e os asteroides non. Cando un cometa se achega ao Sol, a calor evapora o xeo rico en po do seu núcleo e forma unha cola. Os refugallos expulsados forman un rastro ao longo da órbita do cometa. Cando a Terra atravesa estes refugallos, o po entra na atmosfera e se desintegra dando lugar á choiva de estrelas.

Se Faetón está tecnicamente clasificado como un asteroide, como podería entón producir meteoritos que causen as Xemínidas? A explicación está en que Faetón é un dos poucos asteroides que deixa unha traza de po. Ten algo de actividade cometaria porque pasa preto do Sol”.

Publicidade

Na súa órbita achégase ao astro máis que calquera outro asteroide coñecido e a súa temperatura superficial chega aos 600 ºC. Precisamente leva o nome do mito grego de Faetón, fillo do deus do Sol, Helios.

A teoría máis verosímil na actualidade é que Faetón foi un cometa nun tempo remoto, pero pasou a ser asteroide tras perder completamente os materiais volátiles que antes formaban a súa cola.

Foi en 2009, a nave espacial STEREO-A da NASA observou que o asteroide se iluminaba de xeito bastante inesperado ao pasar preto do Sol. A partir de aquí propúxose a teoría de que Faetón é un “cometa de rocha”. Pero os astrofísicos seguen a debater sobre o misterio que rodea este corpo estelar que provoca unha das mellores choivas de estrelas do ano, con ata 130 avistamentos cada hora.

Dende Galicia vas poder velo, pero será dende unha pantalla grazas a esta ligazón do Instituto de Astrofísica de Canarias.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Inestabilidade e risco extremo de incendio: así será o tempo durante a fin de semana en Galicia

O vento do nordés deixará case 20 graos de diferenza entre o sur e o norte da comunidade galega

O polbo e dúas especies de lura, entre os cefalópodos máis vulnerables ao quecemento do mar en Galicia

Un estudo internacional no que participa o IEO de Vigo analiza como a temperatura, salinidade e profundidade condicionan a distribución das especies

Unha noite máxica: estas son as imaxes da eclipse do 12 de agosto en Galicia

O evento congregou grandes grupos de persoas tanto dentro da franxa de totalidade como na de parcialidade

Un 12 de agosto histórico: a eclipse total que escureceu o día en Galicia

Miles de persoas levantaron a vista ao ceo e sentiron o silencio e frío que acompañaron os minutos nos que a Lúa ocultou por completo o Sol