Publicidade
Domingo 25 Maio 2025
Publicidade

Miles de vermes-pene aparecen nas praias de California

Varias praias do norte de San Francisco apareceron nos últimos días inundadas cunha chea de exemplares de "Urechis caupo"

As praias da zona de Point Reyes, ao norte de San Francisco, nos Estados Unidos, apareceron nos últimos días cubertas por un curioso manto de miles de exemplares de Urechis caupo, o coñecido como verme-pene, segundo recolleron medios locais. As imaxes, compartidas por unha persoa que atopou máis de tres quilómetros de areais cubertos por estes animais, comezaron a circular polas redes. A gran cantidade de vermes provocou a chegada de bandadas de gaivotas que se achegaron a alimentarse deles.

Alén das lóxicas brincadeiras, e mesmo de confusións, xa que foron bautizados como peixes-pene cando en realidade son vermes da clase dos poliquetos, a situación espertou a curiosidade de biólogos da zona. Segundo recolleu o portal especializado Bay Nature, estes vermes, tamén chamados comunmente como “vermes gordos pousadeiros”, pertencen a unha familia da que só existen catro especies en todo o mundo. Usan unha especie de espátula para alimentarse e tamén para moverse. No caso do Urechis caupo, é a única especie deste tipo que se pode atopar en América do Norte, principalmente na costa pacífica, entre Oregón e Baixa California.

Publicidade

Tal e como explica o biólogo Ivan Parr, os vermes pene están adaptados á vida subterránea. Adoitan sucar un burato en forma de U, que asoma como unha chimenea por riba da area, e que pode ser visible cando a marea está baixa. Para alimentarse, os vermes-pene secretan unha mucosa que acaba xerando unha zona de limo e, mediante a contracción do seu corpo, é quen de bombear auga e absorber así o alimento, baseado sobre todo en plancton.

Este tipo de vermes adoita enterrarse na area e succionar o plancto que se move arredor. Fonte: Rebecca Johnson /iNaturalist/CC BY 4.0.
Este tipo de vermes adoita enterrarse na area e succionar o plancto que se move arredor. Fonte: Rebecca Johnson /iNaturalist/CC BY 4.0.

Sobre as posibles causas de que centos de vermes-pene puideran aparecer de forma tan masiva nas praias, os biólogos expoñen que as tormentas fortes, sobre todo durante os anos que coinciden co fenómeno de El Niño, poden xerar alteracións importantes na zona intermareal na que vive o Urechis caupo e, por tanto, arrastralas cara ás praias.

Publicidade

Do mesmo xeito que acontece coa holoturia, ou carallo de mar, que se pode atopar nas costas galegas, os animais da familia dos vermes-pene son utilizados na comida dalgúns países asiáticos, como Corea do Sur.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un peixe de ciencia ficción que ve a través da súa cabeza translúcida

Esta estraña criatura que ve a través da súa fronte e habita en augas profundas, só se deixou ver 9 veces dende a súa descuberta

Os incendios sepultan baixo o fume a costa oeste dos Estados Unidos

Máis dun millón de hectáreas arrasadas e poblacións destruídas nos estados de Oregón, Washington e California por mor de lumes sen precedentes

John A. García, o galego que creou o videoxogo Delta Force

Emigrante nos Estados Unidos, fundou a compañía Novalogic, que lanzou grandes xogos de guerra en primeira persoa e simuladores de combate

O vídeo viral do coiote que axuda a cruzar a un teixugo

Estes animais adoitan cazar xuntos, seguindo un exemplo de colaboración entre especies