Un forte tren de borrascas varrerá Galicia ata o Nadal

A sucesión de frontes deixará avisos en Galicia por fortes choivas, vento e mesmo neve en cotas baixas nos vindeiros días

Un forte tren de borrascas vai varrer Galicia nos vindeiros días, deixando choivas intensas, avisos no mar, ventos por riba dos 100 km/h e mesmo neve nalgunhas datas ata o Nadal.

A primeira entrega desta sucesión de baixas presións chegou este xoves con choivas de gran intensidade, que superaron os 70 litros por metro cadrado en moitas localidades, co interior da provincia de Pontevedra como gran protagonista. En Cotobade, recolléronse 112 litros por metro cadrado. Os ventos sopraron tamén con forza, alcanzando os 113 km/h en Viveiro.

Publicidade

Pero isto foi só o anticipo do que está por vir. Porque despois desta primeira situación de inestabilidade, que deixou avisos amarelos e laranxas no país, chega agora un tren de borrascas que traerá fortes choivas ao logo da semana ata o Nadal.

Vai seguir chovendo, aínda que con menos intensidade na xornada deste venres. Pero a vindeira borrasca xa chega esta fin de semana, na madrugada do sábado ao domingo, cargada de fortes precipitacións no litoral atlántico. O luns unha nove fronte varrerá o país, primeiro con choiva e vento intensos, pero para dar paso dende o martes a un intenso frío, que deixará sarabia en moitos punto de Galicia e tamén neve. As folerpas non só están previstas nas montañas de Lugo e Ourense, senón tamén no interior da provincia de Pontevedra.

Publicidade

O xoves 19 continuará a forte inestabilidade, desta volta coa chegada dunha nova fronte dende Norteamérica, que atravesará o Atlántico para deixar intensas choivas e vento.

Non está previsto que a situación mellore antes do Nadal, o cal deixa a Galicia baixo un tren de sucesivas borrascas nos vindeiros días.

Para este venres, hai aviso laranxa de Meteogalicia no mar por vento e ondadas, e aviso amarelo por vento na Mariña e na Montaña lucense.

Aquí podes consultar os avisos meteorolóxicos de Meteogalicia

 

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Cen anos d’O Mariscal, a obra teatral que pintou a Pardo de Cela como símbolo das liberdades galegas

A Real Academia Galega celebrará un acto conmemorativo de entrada libre o xoves 15 ás 16:30 horas no Museo de Ramón Cabanillas, en Cambados

Galicia avalía a realidade virtual como alternativa para tratar as fobias específicas

Un informe de Avalia-t analiza a súa eficacia fronte a outros modos de terapia de exposición, o tratamento recomendado polas Guías de Práctica Clínica

Dun rosco de palabras a localizar o teu concello: coñece a nova plataforma de pasatempos en galego

A páxina web Ludogal ofrece catro xogos en liña gratuítos de vocabulario e xeografía para promover o uso do galego

Do Café Moderno de Pontevedra aos ‘Seis poemas galegos’: esta é a Galicia de Lorca

O poeta granadino visitou dúas veces a cidade, mantivo vínculos con destacados intelectuais e deixou unha fonda pegada na cultura, a paisaxe e a lingua