Esta foto das illas Alvedosas, premio en National Geographic

O fotógrafo Abraham Rosendo toma esta icónica imaxe cenital dos illotes situados na ría de Vigo

Esta espectacular foto cenital das illas Alvedosas, no fondo da ría de Vigo, resultou premiada por National Geographic no seu certame H2Ocean  2019. A imaxe foi captada polo fotógrafo Abraham Rosendo (Breikus) e foi a máis votada na elección popular do concurso.

Rosendo explica que non tivo que viaxar a destinos afastados para conseguir unha imaxe icónica sobre o valor dos nosos océanos. Fixo a foto ao lado da casa en Arcade: “fai uns 4 anos, coa miña primeira cámara réflex, comecei a fotografar a cultura, costumes e paisaxes do meu pobo natal, sempre buscando amosar unha perspectiva diferente que lograse impactar e concienciar á xente achega do valor que teñen os nosos recursos naturais”.

Publicidade

O fotógrafo engade unha mensae ambiental á imaxe: “O noso mar e os nosos ríos están a sufrir un grave impacto ambiental producido polas accións humanas (verteduras, residuos plásticos, encoros.. ) e debemos comprender que a conservación destes ecosistemas é vital, tanto para nós como para os innumerables organismos que os habitan”.

As illas Alvedosas, estes illotes rochosos situados no fondo da ría de Vigo, amosan a beleza das Rías Baixas: “Durante a baixamar e dende unha vista zenital, pódense apreciar a sedimentación producida polas mareas e as correntes de auga doce e salgada que se mergullan baixo estas illas na desembocadura do Río Verdugo“, explica Rosendo.

Publicidade

2 COMENTÁRIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un novo proxecto científico busca recuperar a comercialización da volandeira na ría de Vigo

O estudo VOLARIA do IEO-CSIC investigará as causas biolóxicas e ambientais da acumulación de elevados niveis de chumbo no bivalvo

A investigadora do grupo GeoTech Patricia González gaña a Gargallada Científica da UVigo

O vindeiro xoves participará nunha gala final con Quico Cadaval e máis divulgadoras

Un estudo revela o impacto dos grandes plásticos nos bancos de mexillón da ría de Vigo

As bolsas comerciais e as sedelas de pesca poden modificar procesos fisiolóxicos clave e a estabilidade estrutural do molusco

Aceite de palma na ría: calma oficial, ciencia ausente

O investigador do IIM-CSIC Antonio Figueras advirte do impacto físico e biolóxico do produto no ecosistema mariño