As microalgas do mar de ardora en Galicia, visibles desde o espazo

Os satélites Sentinel-2 capturan os afloramentos de "Noctiluca scintillans", que xeran bioluminescencia e durante o día tinguen o mar dunha cor avermellada

Diversos puntos da costa galega viviron este verán fascinantes episodios do mar de ardora. A proliferación de dinoflaxelados, un tipo de microalgas entre as que destaca a Noctiluca scintillans con capacidade de producir bioluminescencia, levou ata as praias durante a noite a un gran número de persoas que contemplaron este espectáculo natural. Noutros casos, como explicaba a pasada semana o investigador do IEO Francisco Rodríguez en referencia aos episodios da Costa da Morte, é probable que detrás da ardora estivese detrás a Alexandrium tamarense. A concentración destes microorganismos foi tan grande que o pasado 4 de setembro chegou a ser visible desde o espazo.

A proba máis patente das proliferacións de N. scintillans e outras algas que causan bioluminescencia é o brillo nocturno que xeran. Porén, en moitos casos, son claramente visibles durante o día en forma do que se coñece popularmente como marea vermella. Así, en semanas pasadas varios medios e as contas oficiais dos concellos da zona publicaron informacións sobre a cor vermella observada nalgunhas áreas das Rías Baixas.

Publicidade

O 4 de setembro, arredor dos días nos que moitas persoas observaron o fenómeno nas augas das rías de Vigo ou Pontevedra, os satélites da misión Sentinel-2 da Axencia Espacial Europea, que toman cada poucos días imaxes da superficie terrestre cunha alta resolución, a proliferación de microalgas chegou a ser visible desde o espazo.

Así, na contorna das Illas Atlánticas, como Sálvora, Ons e Cíes, e moi preto de localidades como O Grove, Sanxenxo, Cangas, Vigo ou Nigrán, os filamentos de microalgas conformaban liñas de centos de metros de extensión, o que desde a superficie terrestre era tamén visible.

Publicidade

Afloramentos de "Noctiluca scintillans" na contorna da illa de Ons, a praia da Lanzada e a costa de Sanxenxo e O Grove. Fonte: Sentinel-2.
Afloramentos de “Noctiluca scintillans” na contorna da illa de Ons, a praia da Lanzada e a costa de Sanxenxo e O Grove. Fonte: Sentinel-2.
Vista da ría de Vigo o pasado 4 de setembro. Fonte: Sentinel-2.
Vista da ría de Vigo o pasado 4 de setembro. Fonte: Sentinel-2.

As imaxes recolleunas este mércores a investigadora Isabel Caballero, do Instituto de Ciencias Marinas de Andalucía (ICMAN-CSIC):

https://twitter.com/ICaballero28/status/1438141396423254022

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

As claves do regreso das candorcas: por que volven a avoa Toñi e a súa manda ás Rías Baixas?

O grupo, de entre oito e dez exemplares, regresa por terceiro ano consecutivo a Galicia seguindo o rastro do atún vermello e xeran interaccións coas embarcacións

O chorro polar impulsa un episodio de calor que rozará os 40 graos en Galicia

MeteoGalicia activa avisos amarelos e laranxas por temperaturas máximas nas Rías Baixas, Ourense e o sur de Lugo

Detectada por primera vez na costa galega unha macroalga invasora tropical

Un equipo do IEO de Vigo acha un exemplar de 'Asparagopsis taxiformis' nas Rías Baixas, a cita máis setentrional rexistrada ata a data en augas europeas

As Rías Baixas gardan a maior pegada toponímica da antiga presenza de focas en Galicia

Un estudo identifica 43 talasónimos asociados a estes animais mariños e reconstrúe a súa distribución histórica, con especial concentración na ría de Arousa