As asombrosas imaxes de falsos percebes adheridos a unha lámpada e á coiraza dunha tartaruga

A Coordinadora para os Estudos dos Mamíferos Mariños retirou 59 cirrípedos do animal, que apareceu nunha praia de Fisterra, A Coruña

Máis de medio cento de falsos percebes ás súas costas. Así atoparon a esta tartaruga común (Caretta caretta) os traballadores da Coordinadora para os Estudos dos Mamíferos Mariños (Cemma). O animal apareceu en Fisterra e a entidade liberouna da “pesada carga” formada por un total de 59 cirrípedos na súa coiraza. Trátanse de exemplares de Lepas anatífera, unha especie “que se asemella moito aos seus curmáns e por iso tamén se lles coñece como falsos percebes”, detalla o persoal do Cemma.

Nesta ocasión, os cirrípedos “eran o 60% do peso da tartaruga, pero tivemos outros casos nos que superaban o peso do animal”, explican. Por este motivo nomeárona ‘Percebeira’. “O animal non sufriu ningún dano na súa coiraza”, aseguran dende o Cemma.

Publicidade

“É normal que estes falsos percebes se peguen a todo tipo de obxectos, non só aos animais mariños”. Por iso, o Cemma compartía tamén outra sorprendente imaxe dun grupo de cirrípedos viaxando nunha lámpada. O obxecto tamén apareceu en Fisterra, concretamente na praia Mar de Fóra.

Percebes adheridos a unha lámpada. Foto: Cemma
Gloria Montenegro
Gloria Montenegro
Graduada en Xornalismo pola Universidade de Valladolid. Comezou a súa andaina profesional en Faro de Vigo e Si Radio de Galicia. A súa experiencia profesional levouna polas redaccións de Nós Diario e Metropolitano.gal, mais tamén pola comunicación de festivais como Revenidas ou de grupos como Banda Crebinsky. Sempre cunha cámara de fotografía na man, retratou artistas como Rodrigo Cuevas ou Tanxugueiras.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía

Galicia, a segunda comunidade con maior taxa de mortes atribuíbles ao consumo de alcol

O último informe do ISCIII rexistra 40 casos por cada 100.000 habitantes entre 2010 e 2021, nun podio que lidera xunto a Asturias e Ceuta e Melilla