Unha masa de aire do Ártico conxelará Galicia na fin de semana

Meteogalicia prognostica temperaturas "moi baixas" para esta época do ano, cun ambiente máis propio do inverno

Lugo acadará os -2 graos e as máximas non superarán os 13 durante a fin de semana, agás nas Rías Baixas. Esta é a previsión de cara aos próximos días, con temperaturas “moi baixas” para a época do ano. Segundo explica Meteogalicia, a responsable do desplome dos termómetros é unha masa de aire procedente do Ártico que xerará un ambiente puramente invernal. O meteorólogo José Manuel Viñas explica no portal Meteored que o desprazamento da borrasca Konrad cara ao Mediterráneo favorecerá a entrada do frío ártico, que se intensificará a partir do venres.

O sistema de baixas presións tamén está a provocar este xoves unha circulación moi marcada do nordés en Galicia, malia que non deixa apenas chuvias. Non obstante, as temperaturas comezarán a baixar, cunha cota de neve que quedará arredor dos 1.000 metros ata situarse nos 800 ao rematar o día. Segundo Meteogalicia, as máximas sufrirán un descenso moderado, e así o reflicten os valores. As mínimas oscilarán entre os 3 e os 8 graos, coa maior temperatura nas Rías Baixas. En canto ás máximas, será no sur de Galicia onde acaden os 17 graos, quedando por debaixo dos 13 en Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo.

Publicidade

Do frío á chuvia

A masa de aire frío do Ártico entrará entre o venres e o sábado. Galicia quedará os dous días nunha situación intermedia entre as altas e as baixas presións, e seguirá circulando o vento do nordés. A cota de neve mantense nos 800 metros e, de feito, algúns chuvascos poderían darse en forma de neve. En canto ás precipitacións, serán máis probables no extremo norte. As temperaturas continuarán á baixa e Ourense e Lugo. que rexistrarán mínimas baixo cero. As máximas estarán por debaixo dos 13 graos agás en Vigo e Pontevedra, que acadarán os 15.

A situación de estabilidade e baixas temperaturas manterase durante o domingo e o luns. Segundo Meteogalicia, a probabilidade de precipitación será baixa e manterase o réxime de ventos do leste. Non obstante, a situación cambiará radicalmente a partir do martes, con ventos de compoñente sur que achegarán frontes asociadas a borrascas atlánticas. As temperaturas subirán pero haberá unha alta probabilidade de chuvia. De martes a xoves situarase entre o 75% e o 80%, o que garante días marcados polas precipitacións.

Publicidade

Laura Filloy
Laura Filloy
Xornalista científica pola Universidade Carlos III de Madrid. Comezou a súa andaina profesional no Faro de Vigo. Con experiencia en comunicación institucional a través de Médicos sen Fronteiras e a Deputación de Pontevedra, meteuse de cheo na divulgación científica na Axencia EFE. Dende 2021 en Gciencia, onde segue a cultivar a súa paixón pola ciencia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

MeteoGalicia activa a alerta por temperaturas superiores aos 36 graos

A área do Miño de Ourense e Pontevedra, Ribeira Sacra e as Rías Baixas serán as máis afectadas pola dorsal subtropical

▪️ Galicia rexistrou a primavera máis seca dende 1990

O último informe de Meteogalicia indica que nos meses de marzo, abril e maio houbo un 46% menos de precipitacións do habitual para o período

Galicia activa o sistema de alerta ante episodios de calor tras un mes de maio “moi cálido”

O último informe de Meteogalicia recolle o evento extraordinario de altas temperaturas rexistrado durante o mes pasado, que deixou máximas de 37,5 graos en Ourense

▪️ Que é a cúpula de calor? O fenómeno detrás dos récords de temperatura en Galicia en pleno mes de maio

MeteoGalicia establece alertas amarelas por calor na zona do Miño de Ourense e no sur de Lugo, con previsións de ata 36 graos