Este inverno é o sétimo máis cálido en Galicia dende 1961

Meteogalicia cualifica a estación como "lixeiramente húmida" ao rexistrar un 17% máis de chuvias do agardado para esta época do ano

O inverno climatolóxico abrangue os meses de decembro, xaneiro e febreiro. Segundo o último balance elaborado por Meteogalicia, este período de 2024-2025 xa é considerado o sétimo máis cálido da serie histórica, que se remonta a 1961. Isto débese a que a temperatura media rexistrada foi de 9,8 graos, o que supón 1,3 graos máis dos valores habituais para esta época do ano. No que respecta aos valores mínimos, foron 1,8 graos superiores ao normal; e os máximos, 0,9 por enriba.

Máis polo miúdo, decembro foi cálido, cunha temperatura media de 9,5 graos —0,8 graos máis do habitual—, e febreiro considérase moi cálido ao rexistrar unha media de 10,2 graos, que supera en 1,5 graos os datos normais. En canto a xaneiro, foi extremadamente cálido con 9,8 graos de temperatura media e unha anomalía de 1,8 graos superior ao normal. De feito, foi o terceiro xaneiro máis cálido da serie histórica.

Publicidade

Réxime de precipitacións

No que atinxe ás precipitacións, este pasado inverno climatolóxico pódese cualificar como lixeiramente húmido ao rexistrar unha media de 521 l/m2, o que representa unha porcentaxe de chuvias un 17% superior ao que é habitual neste período do ano.

En concreto, en decembro a precipitación media foi de 78 l/m2, o que supón un 60% menos do habitual, polo que se considera un mes moi seco. Pola contra, xaneiro foi extremadamente húmido. Rexistráronse 324 l/m2 de precipitación media, un 125% máis do normal. Estes datos convertérono no cuarto xaneiro máis húmido da serie histórica. O mes de febreiro, cunha precipitación media de 118 litros por metro cadrado —un 2% superior ao habitual— foi un mes normal en canto ás chuvias rexistradas.

Publicidade

2 COMENTÁRIOS

  1. Gústame moito o frío máis en inverno, hai veces nas que me gustaría que aumentara a temperatura máis algo característico do inverno e o frío polo que non me gustan moito as altas temperaturas en épocas do ano coma estas. E verdade que se fai un pouco de calor o inverno se pode gozar mais.

  2. Este inverno é o sétimo máis cálido en Galicia dende 1961
    Gústame moito o sol e máis en Galicia pero tamén creo que é importante ter os encoros cheos para ter auga para o verán, para as montañas verdes pero tamén penso que ter un inverno máis cálido é mellor porque non pasas tanto frío e podes ir onde queiras sen ter que levar sete pezas de roupa. En definitiva, paréceme que ter un inverno máis cálido é bo e permite gozar máis.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia activa o sistema de alerta ante episodios de calor tras un mes de maio “moi cálido”

O último informe de Meteogalicia recolle o evento extraordinario de altas temperaturas rexistrado durante o mes pasado, que deixou máximas de 37,5 graos en Ourense

▪️ Que é a cúpula de calor? O fenómeno detrás dos récords de temperatura en Galicia en pleno mes de maio

MeteoGalicia establece alertas amarelas por calor na zona do Miño de Ourense e no sur de Lugo, con previsións de ata 36 graos

Unha masa de aire ártico afunde as temperaturas en Galicia na fin de semana

A circulación do vento do norte e unha fronte feble causarán chuvascos intermitentes entre venres e domingo, cando se comezará a recuperar a influencia anticiclónica

Galicia rexistrou o cuarto abril máis seco da serie histórica

MeteoGalicia indica que a precipitación media acumulada foi de 35 litros por metro cadrado, que é un 69% inferior ao frecuente neste período