A impactante imaxe dun arroaz cunha enorme cicatriz causada por unha hélice

A asociación Bottlenose Dolphin Research Institute vén de publicar unha imaxe dun animal mariño con catro cortes curados nun costado

Unha impactante imaxe que reflicte a marca da humanidade no mundo animal. A asociación sen ánimo de lucro para a investigación do medio mariño, Bottlenose Dolphin Research Institute (BDRI), vén de publicar unha fotografía na que se pode ver un arroaz (Tursiops truncatus) cunha serie de cicatrices brancas nun costado. Trátase dunha instantánea que mostra as secuelas físicas xa curadas do cetáceo após un encontro cunha hélice de barco titulada. “Un sobrevivente nas nosas augas”, segundo o título da imaxe.

Na fotografía móstrase un exemplar de arroaz con catro cicatrices brancas saltando sobre as augas da costa galega, concretamente na ría de Arousa. As marcas, que mostran unha separación moi semellante entre unha e outra, foron feitas por unha hélice dun barco. “Vese moi claro polo padrón que mostran as feridas, de maior a menor profundidade e o espazo entre cada unha”, explica Bruno Díaz, científico e fundador do BDRI, que ten sede no Grove. “As hélices teñen tres aspas e cando os cetáceos que non están acostumados se atopan con estas estruturas, tenden a mergullarse, de aí que se poidan producir estes accidentes e os animais acaben feridos”, matiza.

Publicidade

Na maioría dos casos, segundo sinala o experto, os animais curan sen problema estas feridas pola súa conta. “Dáse un número maior de exemplares con marcas nas zonas de augas abertas, lonxe das costas, evidentemente porque os animais están máis expostos ao tráfico de grandes embarcacións”, comenta Díaz. Do mesmo xeito, os cetáceos que tenden a moverse preto das costas “están máis acostumados á presenza de barcos e a incidencia non é tan alta”, conclúe.

Gloria Montenegro
Gloria Montenegro
Graduada en Xornalismo pola Universidade de Valladolid. Comezou a súa andaina profesional en Faro de Vigo e Si Radio de Galicia. A súa experiencia profesional levouna polas redaccións de Nós Diario e Metropolitano.gal, mais tamén pola comunicación de festivais como Revenidas ou de grupos como Banda Crebinsky. Sempre cunha cámara de fotografía na man, retratou artistas como Rodrigo Cuevas ou Tanxugueiras.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía

Galicia, a segunda comunidade con maior taxa de mortes atribuíbles ao consumo de alcol

O último informe do ISCIII rexistra 40 casos por cada 100.000 habitantes entre 2010 e 2021, nun podio que lidera xunto a Asturias e Ceuta e Melilla