O CSIC comeza os seminarios científicos de 2018 con Bruno Díaz, director do BDRI do Grove

A delegación do CSIC en Galicia pon en marcha este venres en Vigo o seu ciclo de seminarios científicos do primeiro semestre de 2018, impulsado polo Instituto de Investigacións Mariñas. A iniciativa, coordinada pola investigadora Beatriz Novoa, naceu en 2014 e desenvólvese en dous programas anuais.

A primeira das citas será este venres 12, a partir das 11 horas, na aula do IIM (rúa Eduardo Cabello, 6), a cargo de Bruno Díaz López, director e fundador do Bottlenose Dolphin Research Institute (BDRI), con base no Grove, e que nestes últimos meses avistou un importante número de cetáceos nas costas galegas, entre eles, varias baleas azuis. A entrada é libre e gratuita ata completar o aforo.

Publicidade

A intervención de Bruno Díaz levará por título “Estudos eco-etolóxicos en cetáceos: importancia para a xestión e conservación dos ecosistemas costeiros”. Díaz, licenciado en Bioloxía pola USC e doutor en Ecoloxía Animal pola universidade de Burdeos, leva anos investigando o impacto das actividades humanas na ecoloxía e o comportamento dos cetáceos, o comportamento social, os modelos ecolóxicos e a comunicación animal.

O programa desenvolverase ata o 29 de xuño, a través dunha decena de seminarios que terán lugar os venres pola mañá no IIM. O xornalista e fundador de GCiencia Eduardo Rolland falará nun dos seminarios, que versará sobre a relación de Jules Verne coa cidade e a ría de Vigo.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

GCiencia lanza sete pezas audiovisuais para divulgar sobre ciencia e igualdade

O proxecto, en colaboración co Concello de Pontevedra, difundirase a través de Instagram e Tiktok para poñer en valor mulleres científicas que loitaron contra os nesgos de xénero e raza

CellCOM, Centum e TraffikGene gañan os X Premios GCiencia Galicia Spin-Off

Os galardóns, creados en 2015 para recoñecer a investigación universitaria e a transferencia, serán entregados o 4 de decembro no Pazo de San Roque de Santiago

BioSpain converte Bilbao no centro europeo do sector da biotecnoloxía

A feira, que conta cunha importante presenza galega, prevé bater o récord da última edición, que contou con 2.400 asistentes e máis de 1.000 entidades