CYCLOPS: a punteira tecnoloxía galega contra a resistencia aos antibióticos

Unha nova ferramenta permite entender de forma máis accesible a efectividade dos ciclopéptidos, claves para novas aplicacións farmacéuticas

No mundo científico, nada é sinxelo. O tempo, os recursos, todo debe aproveitarse ao máximo para poder traballar en melloras que acaban repercutindo na vida da xente. Por iso, as ferramentas que simplifican e fan máis sinxelo procedementos tan complexos, poden cambialo todo. CYCLOPS encarna ese espírito. O Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CiQUS) vén de presentar cun estudo esta plataforma, que permite coñecer mellor os ciclopéptidos, que son a base de novas liñas de antibióticos.

A resistencia antibiótica é un dos grandes desafíos que está a afrontar a medicina moderna. Por exemplo, algunhas cepas de gonorrea están a ter unha maior capacidade de soportar algúns tratamentos. Isto significa que enfermidades que poderían estar xa controladas e que se poden evitar con medicamentos, volven cobrar importancia e perigo.

Publicidade

Agora, unha plataforma creada polo CiQUS e liderada polo químico galego Alberto Cabezón e polo físico Fabián Suárez, poderá mellorar a accesibilidade e a rapidez coa que se fan estas investigacións. “Ferramentas con efectividade hai máis”, explica Cabezón, pero o punto forte de CYCLOPS é que é moito máis sinxelo de usar. “Se non tes formación para utilizar os códigos, está a páxina web, que é bastante intuitiva”, asegura o químico.

Normalmente, os procesos para traballar con ciclopéptidos son moi longos. Isto é porque a súa efectividade e permeabilidade depende de moitos factores. Principalmente, dos aminoácidos que a conforman. Esta ferramenta permite tamén, desta forma, aforrar en recursos e tempo. Agora, está ao acceso dun clic para o resto de expertos.

Publicidade

Por que son claves os ciclopéptidos?

Os ciclopéptidos son moléculas formadas por aminoácidos que están moi presentes na natureza de diversas formas. O seu estudo en laboratorios é moi útil para poder crear tratamentos, como a Bacitracina, un antibiótico trópico. Unha das vantaxes deste tipo de péptidos, é a súa capacidade para prolongar a súa existencia cando se atopan no corpo. Posto que é un compoñente natural, as persoas (e outros animais e organismos) teñen fórmulas para degradar eses compostos. Cando se conforman de forma cíclica, poden aguantar máis e manter a súa actividade biolóxica (como pode ser, recoñecer e atacar de forma selectiva a unha bacteria).

Exemplo dun resultado da ferramenta CYCLOPS.
Exemplo dun resultado da ferramenta CYCLOPS.

O punto máis importante e no que se basea gran parte da utilidade destes, é a súa capacidade para detectar certas membranas (por exemplo, dun axente infeccioso), e atacalas. Por iso, é moi importante coñecer se son capaces de chegar a esa superficie. É dicir, se teñen permeabilidade. E iso é do que se encarga de medir a ferramenta do CiQUS, que utiliza tecnoloxía de aprendizaxe automática.

A orixe de CYCLOPS parte da dificultade de uso doutras bases de datos. “Algúns dos nosos colaboradores e expertos non foron capaces de usar os modelos publicados (anteriormente) para obter resultados”, explica Cabezón. Agora, calquera científico poderá introducir unha ou varias secuencias de aminoácidos e obter os resultados en apenas segundos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un científico do CiQUS obtén unha prestixiosa axuda para impulsar un novo enfoque de deseño molecular

Luis M. Mateo é beneficiario dunha Branco Weiss Fellowship, unha das bolsas con máis recoñecemento internacional destinada a investigadores mozos
00:06:28

Un microscopio feito a medida para estudar nanopartículas individuais

Investigadores do CINBIO incorporan un equipo hiperespectral de campo escuro sen equivalente comercial, capaz de medir moléculas que ata agora só se podían analizar en conxunto

Un estudo galego revela que os lumes favorecen ás aves máis afectadas polo abandono rural

A USC e o CSIC investigan a Serra do Xurés e analizan a recuperación desigual segundo o hábitat, cunha maior vulnerabilidade das especies forestais

Extraer ADN de amorodos ou resolver unha ‘escape room’ climática: así será a sexta edición da G-Night

A Noite Galega das Persoas Investigadoras terá lugar o 25 de setembro de xeito simultáneo nas sete cidades galegas