Podcast | Como a luz solar inspira unha química máis sostible

O investigador Manuel Nappi é o convidado no novo episodio de GCiencia en colaboración co CiQUS

O investigador Manuel Nappi aposta por unha química máis sostible. Nun contexto de cambio climático e quecemento global, todos os sectores da ciencia e da sociedade deben poñer as súas engrenaxes en marcha para reverter os seus efectos: máis eventos extremos, aumento das temperaturas… E a química non é unha excepción. Nappi, dende o grupo que fundou en 2020 no Centro de Investigación en Química Orgánica e Bioloxía Molecular (CiQUS) da Universidade de Santiago (USC), persegue ese obxectivo: crear reaccións máis sostibles. Para iso utiliza a luz visible, tanto a solar como a procedente dos distintos puntos de iluminación que pode haber ao teu arredor: farois, lámpadas…

Conversamos con Manuel Nappi neste novo episodio do podcast de GCiencia en colaboración co CiQUS, no que afondamos nas grandes fontes de inspiración do investigador: a natureza e o premiado David MacMillan.

Publicidade


Escoita O podcast de GCiencia en todas as nosas plataformas de podcast: Spreaker, Spotify, Ivoox, iHeart, Deezer, Podcast Addict, JioSaavn e Podchaser

Laura Filloy
Laura Filloy
Xornalista científica pola Universidade Carlos III de Madrid. Comezou a súa andaina profesional no Faro de Vigo. Con experiencia en comunicación institucional a través de Médicos sen Fronteiras e a Deputación de Pontevedra, meteuse de cheo na divulgación científica na Axencia EFE. Dende 2021 en Gciencia, onde segue a cultivar a súa paixón pola ciencia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un científico do CiQUS obtén unha prestixiosa axuda para impulsar un novo enfoque de deseño molecular

Luis M. Mateo é beneficiario dunha Branco Weiss Fellowship, unha das bolsas con máis recoñecemento internacional destinada a investigadores mozos

Glaciares sacros e plantas rituais: o que o cambio climático está levando por diante

O fenómeno ameaza culturas de todo o mundo que teñen moi pouca responsabilidade nas súas causas e que ás veces o ven como un "castigo divino"

Ourense, Lugo e Santiago, as cidades galegas con máis mortes por calor na última década

O informe de 2026 do 'Lancet Countdown' revela que o cambio climático ten consecuencias directas sobre a saúde pública nas urbes europeas

O CiQUS desenvolve materiais orgánicos porosos semicondutores sen necesidade de dopantes

O traballo, froito da colaboración entre tres grupos de investigación, permite incorporar portadores de carga directamente na estrutura, preservando as súas propiedades cristalinas