Martes 16 Abril 2024

Catro expertos debaten este luns sobre o eucalipto nas Regueifas de Ciencia

Poucos debates deron para tanto na sociedade galega. A cousa chegou ata os tribunais, despois da polémica xerada o pasado ano cando un comité científico do Ministerio de Agricultura, Pesca e Medio Ambiente decidiu que o eucalipto debía ser considerada unha especie invasora. Non en tanto, baseándose nun contrainforme, o Goberno desautorizou ao comité negando a inclusión desta controvertida árbore na lista de especies exóticas invasoras. E arredor do eucalipto xirará a nova edición das Regueifas de Ciencia, que este luns 11 de marzo reúne na Facultade de Comunicación de Santiago de Compostela, ás 20 horas, a catro expertos que debaterán, con datos e argumentos, sobre a mala sona da árbore.

Para uns, o eucalipto é unha especie invasora que leva décadas ameazando os ecosistemas dos bosques galegos. Para outros, é un dos motores económicos claves do país, xerador de emprego e riqueza. Unha cuestión que precisa de moitas lecturas diferentes (social, política, económica, científica…) e que as Regueifas de Ciencia abordarán na última entrega do curso.

Publicidade

Así, defendendo que a mala sona do eucalipto está xustificada estarán Serafín González Prieto, presidente da Sociedade Galega de Historia Natural, e Adolfo Cordero Rivera, profesor titular da Universidade de Vigo que tomou parte no Comité Científico que recomendou a declaración do eucalipto como especie invasora.

No outro lado estarán Francisco Díaz-Fierros Viqueira, catedrático emérito de Edafoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, e Manuel Marey Pérez, enxeñeiro forestal e catedrático de Proxectos de Enxeñaría na Universidade de Santiago.

A entrada é libre e de balde ata completar o aforo, e o acto poderá seguirse en directo a través da web de Regueifas de Ciencia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Cambiar de modelo forestal e outras medidas para frear a expansión do eucalipto en Galicia

O Consello da Cultura Galega publica un informe que analiza o impacto sobre o patrimonio cultural e natural das especies forestais de rápido crecemento

Un proxecto da UVigo estuda como obter bioetanol a partir de eucalipto e mimosa

O obxectivo é investigar novas rutas de aproveitamento de biomasa forestal, concretamente de especies moi abundantes e invasoras en Galicia
00:05:41

O eucalipto, unha árbore maldita?

Chegou hai séculos a Galicia como unha especie exótica e hoxe é centro de todas as polémicas, e de moitas crenzas. Canto sabemos del?

Couso, ou como transformar a xestión forestal: “Cambiamos os eucaliptos polos cogomelos”

Esta comunidade de montes de Gondomar converteuse en referente ao mudar as explotacións clásicas galegas por outras máis sostibles como o arando ou o shiitake