A Xunta defende nos tribunais que o eucalipto non é invasor

A administración autonómica presenta informes contra a demanda do Concello de Teo, que conseguiu que un comité científico se pronunciara ao seu favor

Continúa a batalla legal (con moitas arestas económicas, sociais e políticas) arredor do eucalipto. Case un ano despois de que o Goberno rexeitara declaralo como especie exótica invasora, contra o criterio dun comité científico que así o recomendaba, a sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Madrid acolle na actualidade o proceso, despois da reclamación presentada polo Concello de Teo.

Hai ano e medio, o 18 de setembro de 2017, o alcalde do municipio teense, Rafael Sisto, presentou un escrito dirixido á Dirección General de Calidad y Evaluación Ambiental y Medio Natural, no que solicita a inclusión das especies – son centos – do xénero Eucalyptus no Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras.

Publicidade

Había precedentes que xogaban a favor da petición do Concello de Teo. As especies camaldulensis e globulus xa estaban incluídas no Anexo II do catálogo, consideradas como “con potencial invasor”. Ademais, en 2012, outro ditame do mesmo Comité Científico que se pronunciou en 2018 xa recomendou a inclusión nese catálogo do nitens (tamén presente en Galicia, e que soporta mellor a altitude e o frío que o globulus). Pero un novo Real Decreto anulou o Anexo II, e a inclusión do nitens non se chegou a aceptar, polo que as tres especies mencionadas seguiron sen ser consideradas especies invasoras.

A Xunta e o Principado persónanse na causa

Ao apelar o Concello de Teo contra a decisión que se coñeceu en abril de 2018, tanto Xunta como Principado de Asturias anunciaron que se personarían para defender que o eucalipto non podía ser considerado invasor. E segundo recolleron este xoves Europa Press e La Voz de Galicia, a administración autonómica presentou informes nos que se reduce a capacidade invasora que argumentou o Comité Científico. Así, os artigos que presenta a Xunta limitan a dispersión das sementes aos 10-15 metros dos límites das plantacións e negan a relación entre o carácter pirófito (capacidade de supervivencia e rexeneración despois do lume) do eucalipto e esta dispersión.

Publicidade

Máis información:

O Goberno rexeita declarar o eucalipto como invasor en contra do seu comité científico

Así tumbou o Goberno a declaración do eucalipto como especie invasora

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A Xunta insta á empresa responsable da represa do río Umia a corrixir as deficiencias detectadas

As inspeccións detectaron filtracións que afectan o correcto funcionamento da infraestrutura e do paso previsto para os peixes migratorios

Unha grande obra hidráulica bloquea o caudal do río Umia: estas son as consecuencias medioambientais

Os biólogos alertan da alteración do ecosistema por unha obra que algúns dos afectados sospeitan que pode estar ligada ao abastecemento de auga da Illa da Toxa

Un programa pioneiro permitirá coñecer as avelaíñas do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia

A primeira mostraxe da Xunta en Cortegada rexistrou 127 exemplares de máis de 40 taxóns nunha soa noite

O caso da sentenza das Conchas: por que a Xunta volve abrir o decreto sobre nitratos da Limia?

A reapertura da consulta pública coincide co primeiro fallo do TSXG sobre o encoro e impulsa o debate para frear a contaminación da comarca