Martes de Entroido con entrada gratis nos Museos Científicos Coruñeses

Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae ofrecen as súas novidades e centos de contidos atractivos na xornada de portas abertas

Co gallo da celebración do martes de Entroido, os Museos Científicos Coruñeses (Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae) celebran unha xornada de portas abertas á cidadanía. Ao tratarse dun día festivo na cidade, é unha boa ocasión para gozar coas exposicións e actividades dos tres centros, así como coñecer as súas novidades máis recentes.

Así, no Aquarium Finisterrae está a nova exposición interactiva “Sexo Azul”, que presenta acuarios nos que poden verse especies que se caracterizan por executar complicadas danzas nupciais, intercambiar os roles feminino e masculino ou cambiar de sexo ata vinte veces ao día. Ademais hai módulos interactivos con xogos e pantallas táctiles, que tratan sobre as sustancias químicas, os sons e as danzas que os animais acuáticos utilizan para atraer as súas parellas, o vínculo entre o sexo e o mar na mitoloxía, ou as diferentes estratexias de apareamento.

Publicidade

Na Casa das Ciencias, haberá catro sesións de Planetario: dous programas para público infantil, “A Noite do vampiro” ás 12 horas e “Alén do sol” ás 17 horas, e outras dous recomendadas para público a partir de 10 anos, “Deep Sky” ás 13 horas e “A noite é necesaria” ás 18 horas.

A visita á Domus inclúe entre as súas propostas a exposición “Xogo de neuronas“, con actividades que poñen en práctica as diferentes habilidades das persoas, como intentar reproducir nun teclado unha melodía, intentar reproducir un debuxo seguindo as instrucións verbais que lles dá outra persoa, ou xogar cun aparello con pulsadores a diferentes alturas que se debe pulsar o máis rápido posible cando se acenden.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O festival Pint of Science achega a ciencia aos bares na súa undécima edición

En Vigo celebrarase os días 19, 20 e 21 de maio nos locais El Castro e De Catro a Catro e, por primeira vez, chega Pint Kids

O catálogo ‘Quero ser investigadora’ alcanza a súa 6ª edición con dez historias de científicas da UVigo

O evento inclúe unha guía didáctica, contidos gamificados e unha versión audiolibro que conta cunha versión de lectura fácil

Jinzi, a nova incorporación do Aquarium Finisterrae para recuperar as crías de foca

A Coruña convértese no fogar dunha foca macho que chega a Galicia despois dun intercambio co Oceanogràphic de Valencia.

Dúas décadas de Gastón, o tiburón touro que vive na sala Nautilus do Aquarium Finisterrae

O exemplar, que vive no tanque do acuario da Coruña, é un dos principais reclamos do museo científico herculino desde hai dúas décadas