Unha obra de arte chamada Xúpiter

A NASA publica unha imaxe realizada por Kevin M. Gill a partir dos datos enviados pola sonda Juno que abraia polas súas formas

Desde que chegou a Xúpiter, a sonda Juno está orbitando arredor do gran planeta do Sistema Solar. E cada pouco tempo remite imaxes abraiantes sobre as nubes que cobren as superficie. Grazas ao traballo dos propios investigadores da NASA, pero tamén doutros científicos, artistas e cidadáns en xeral, poden crearse imaxes que recollen os datos de Juno para plasmar o que poderiamos ver se estiveramos preto de Xúpiter.

E os resultados son auténticas obras de arte. A fotografía publicada pola NASA foi creada polo científico cidadán Kevin M. Gill, e amosa unha enorme fronte de nubes que rodean unha forma circular dentro dunha rexión de corrente en chorro, chamada Jet N6.

Publicidade

A imaxe foi tomada por Juno cando se atopaba a uns 13.000 quilómetros das nubes máis altas de Xúpiter, e aunha latitude duns 55º norte, o pasado 12 de febreiro, e foi editada e rotada por Gill para facela máis atractiva.

Todo o mundo pode acceder as imaxes da cámara de Juno en formato .raw nesta ligazón.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como viviron os astronautas de Artemis II? A NASA revela centos de imaxes e audios inéditos

Trátase do primeiro conxunto de información planetaria recompilada principalmente por seres humanos en máis de medio século

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027

Begoña Vila, ante o lanzamento do telescopio Grace Roman: “Só teremos 30 segundos”

A astrofísica da NASA asegura que o novo observatorio producirá en cinco meses a mesma cantidade de datos que enviou Hubble nos 36 anos que leva operativo