A galega Andrea Muras participa no FameLab 2019

O talento feminino galego na divulgación científica é indubidable. Unha boa mostra, alén doutras moitas, é o concurso FameLab, unha iniciativa de monólogos científicos organizada pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (Fecyt), Obra Social la Caixa e British Council. En 2016, Alba Aguión gañou a fase estatal e acadou o 2º posto na final internacional, e en 2017 a veterinaria ourensá Eva Cabanelas participou tamén na fase final do certame. E o ano pasado, o ferrolán Ignacio Crespo obtivo o segundo posto. Este ano é a bióloga Andrea Muras a que tomará parte na semifinal de FameLab 2019 que terá lugar en Sevilla o 6 de abril.

Unha galega, subcampioa do mundo de monólogos

Andrea Muras xa participou hai uns meses no certame Somos Científicos, concurso no que  xeógrafo da USC Alejandro Gómez Pazo resultou gañador da súa categoría. Andrea, que actualmente mantén unha intensa actividade de divulgación a través das redes (destaca a a súa conta de Twitter, Ciencia Miúda), decidiu presentarse ao FameLab 2019 e recibiu a finais de febreiro a noticia de que era unha das 12 seleccionadas.

Publicidade

Xa participou nunha xornada de formación en Madrid, onde destacou a gran calidade e o talento do resto de participantes. En Sevilla defenderá o seu monólogo, que abordará o apaixonante mundo das bacterias que viven na nosa boca. Un tema que xa adiantou a través das redes, como se pode ler baixo estas liñas.

Andrea Muras é licenciada en Bioloxía e máster en Biotecnoloxía, e traballa actualmente como investigadora contratada no grupo de Acuicultura e Biotecnoloxía (Aquabiotech) da USC.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Intelixencia artificial para detectar TDAH nas aulas e outros proxectos de Galiciencia 2024

A feira científica reúne un centenar de traballos de alumnado de Secundaria, Bacharelato, FP e Primaria de toda a comunidade

Un cento de persoas participan na Domus nun congreso científico para estudantes

Os catro gañadores do evento poderán gozar dunha estancia de dúas semanas xunto a grupos de investigación da UDC

O festival científico CinVigo encheu a Porta do Sol de ciencia e ilusión

Participaron máis de 220 alumnos de Secundaria, Bacharelato e FP que presentaron 58 proxectos na feira celebrada na cidade olívica

Os Prismas convocan unha categoría sobre océanos polo 25 aniversario do Aquarium

Os traballos deben presentarse antes do 3 de xuño. Os galardóns están impulsados polo Concello da Coruña e os Museos Científicos Coruñeses