Alba Aguión pasa a gran final mundial de monólogos Famelab

Xa está na final das finais. Porque a bióloga coruñesa Alba Aguión conseguíu onte impoñerse nas semifinais que se disputan no Energy Arena de Cheltenham, no Reino Unido. A gañadora do Famelab en España, o concurso de monólogos científicos máis importante do mundo, terá esta noite, a partires das 20.30 horas, a oportunidade de loitar polo título mundial. Exipto, Australia, Grecia, Estados Unidos, Reino Unido, Suráfrica, Italia, CAtar, Malasia, Polonia e Chipre serán os seus rivais.

Alba Aguión, de 26 anos,  é colaboradora de GCiencia, con artigos na bitácora ‘Ecoloxía Azul’. Famelab é un concurso internacional que pretende fomentar a divulgación científica a través de monólogos e que cultivou un gran éxito nos últimos anos, xa que desde 2007 celébrase en 25 países do mundo coa participación de máis 5.000 investigadores.

Publicidade

Aquí tes unha entrevista en GCiencia con Alba Aguión, cando se clasificou para a final española.

Aquí podes ver en directo en streaming a final do Famelab Internacional dende Chestelham, desde as 20.30 horas do 9 de xuño de 2016:

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A Coruña é a provincia galega con máis mortes por calor en 2026

O Instituto de Saúde Carlos III, a través do MoMo, contabiliza a cifra máis alta na última década, con 231 defuncións estimadas

Os mapas da xentrificación en Galicia: estes son os barrios máis afectados

Un novo estudo identifica as áreas máis vulnerables en Vigo, A Coruña e Santiago e describe a reconfiguración das tres urbes nun período de seis anos

Cando a investigación sae do laboratorio: así funciona a transferencia científica en Galicia

A Xunta identifica o potencial dos xestores de transferencia como ponte entre o académico e o mercado con iniciativas de formación especializada

Unha nova pintura chega á Coruña: a viaxe dunha táboa flamenga recuperada do tráfico de arte

A peza, do século XVI e atribuída a un pintor anónimo, foi localizada en Italia tras ser exportada ilegalmente dende España