A astrofísica Jocelyn Bell visitará A Coruña en 2020

A astrofísica norirlandesa descubriu as primeiras evidencias dos púlsares en 1967, que lle valeron o Nobel ao director da súa tese

A organización do 24º Congreso Estatal de Astronomía (CEA) que se celebrará o ano que vén na Coruña anunciou esta mañá que a prestixiosa astrofísica norirlandesa Jocelyn Bell (Belfast, 1943), que descubriu o primeiro radiosinal dun púlsar, é a principal convidada ao certame que terá lugar na Coruña entre o 30 de abril e o 3 de maio de 2020.

Así o comunicou a vicepresidenta da Agrupación Astronómica Ío, entidade organizadora do congreso, Carmen Denébola Álvarez, xunto ao concelleiro de Culturas da Coruña, Xoán Manuel Sande, nunha rolda de prensa celebrada esta mañá no consistorio coruñés. Subliñou Denébola que a colaboración dos Museos Científicos Coruñeses e as xestións do seu director Marcos Pérez para traer a Jocelyn Bell á Coruña.

Publicidade

Jocelyn Bell

“Fixo un descubrimento que marcou o coñecemento dos púlsares; un descubrimento que foi motivo do premio Nobel que lle deron ao seu director de tese, Anthony Hewish, pero ela non foi galardoada”, contou Denébola Álvarez na presentación do congreso.

A figura de Jocelyn Bell é un dos exemplos que se pon á hora de reivindicar a igualdade de xénero na ciencia, xa que son moitas as voces que reivindican que o seu achado era merecedor dun Nobel que non recibiu.

Publicidade

Despois da controversia, Jocelyn Bell non deixou de recibir recoñecementos ata a actualidade. En 1999 recibiu a orde de Comendadora do Imperio Británico (CBE) e a de Dama Comendadora (DBE) en 2007. En 2013 foi designada como una das 100 mulleres máis importantes do Reino Unido pola BBC, e en 2014 converteuse na primeira muller en ser elixida presidenta da Royal Society de Edimburgo.

O Congreso de 2020

A candidatura da Coruña ao 24º congreso da CEA, unha reunión que se celebra bianualmente, foi elixida en Cuenca no pasado mes de novembro. O proxecto conta co apoio e o aval das entidades locais e rexionais, como o Concello da Coruña, os Museos Científicos Coruñeses, o Consorcio de Turismo, a Deputación Provincial, a Xunta de Galicia e a Universidade da Coruña (en cuxo Reitorado se celebrará o Congreso), ademais do patrocinio de empresas privadas.

A reunión estatal de 2020 suporá un novo pulo para a divulgación científica na cidade e en toda Galicia. No congreso danse cita as asociacións astronómicas de toda España e centos de afeccionados a esta ciencia. O congreso, que leva máis de 40 anos celebrándose, ten por obxectivo dar a coñecer as experiencias e os avances en calquera campo da astronomía afeccionada, tanto no que se refire ás técnicas e procedementos de observación como á educación e divulgación da astronomía e as ciencias do espazo. Hai tamén lugar para os relatorios impartidos por persoas de prestixio mundial que dan conta de asuntos de especial actualidade e interese.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Dous bens da Coruña elevan a 91 os elementos galegos incluídos na Lista Vermella do Patrimonio

A antiga igrexa barroca de Vimianzo e a Casa Grande do Ribeiro colocan a Galicia no sexto posto nacional por número de inmobles incluídos

Cales son os mellores puntos para observar a eclipse de Sol na Coruña? Coñéceos neste novo visor

Trátase dunha ferramenta pública con 46 localizacións recomendadas para planificar mellor a experiencia astronómica do 12 de agosto

Activada a alerta vermella na costa da Coruña por ondas de máis de oito metros

Meteogalicia acende o máximo aviso para o mércores, o laranxa para o resto do litoral e o amarelo en terra por abundantes precipitacións

Activada a alerta vermella na costa da Coruña por ondas de ata 9 metros

O aviso por perigo extraordinario da AEMET estará vixente durante mércores e xoves, con forte mar de fondo e ventos intensos