Sábado 20 Abril 2024

O galego Alejandro Gómez gaña o concurso “Somos Científicos”

“Cando lin o meu nome na páxina non podía crelo”, conta Alejandro Gómez, o investigador da USC que acaba de gañar o concurso estatal de divulgación “Somos científicos, que conta coa colaboración da Fecyt e La Caixa. Alejandro Gómez foi o vencedor na zona Argon, dunha das seis categorías do certame. E a súa compañeira de universidade, a bióloga Andrea Muras, do grupo de Acuicultura e Biotecnoloxía da USC, foi finalista na zona Potasio.

Alejandro dixo estar sorprendido porque “os outros participantes tiñan grandes proxectos e non sempre resultaba fácil transmitirlle aos rapaces a importancia do meu”. Foron varias semanas de traballo intenso, respondendo a moitas das preguntas que lles enviaban centos de rapaces de toda España, tanto a través de mensaxes como de chats en directo, acerca do su traballo investigador.

Publicidade

Un pulo

Para Alejandro, a experiencia de “Somos Científicos” foi moi satisfactoria: “Sinto que os rapaces que participaron no concurso levaron unha boa impresión do meu traballo e iso anímame a seguir indagando no mundo da divulgación científica. Creo que este será un pulo moi importante para o futuro”.

Alejandro investirá os 500 euros do premio na creación dunha web para divulgar o seu traballo

O premio que recibirá Alejandro, de 500 euros, vaino investir na “creación dunha páxina web na que irei colgando os detalles da evolución da miña investigación”. O científico, graduado en Xeografía e máster en tecnoloxías de información xeográfica, é investigador predoutoral no grupo Ambiosol da USC. Sinala que a función fundamental da web será “achegar a todas as persoas ás zonas nas que eu traballo, que moitas veces son lugares inaccesíbeis para a xente de a pé, nos que podes atoparte desde restos de barcos afundidos até unha colonia de cabalos. Creo que desta forma poderei espallar un pouco máis a ciencia fóra do ámbito académico, e iso encántame”, conclúe.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Os bebés expostos ao tabaco teñen maior probabilidade de consumir antibióticos

Un estudo galego analiza os factores asociados ao consumo deste medicamento cunha mostra de 18.882 mulleres

“Anicamento” e “teito de cristal”, entre as novas entradas do Dicionario da Academia

A RAG engade corenta voces como novas acepcións e mellora a definición de 20 lemas na súa última actualización

Unha masa de aire polar desplomará os termómetros en Galicia

As temperaturas caen ata 10 graos a vindeira semana, quedando en valores baixos para a época do ano

A ciencia confirma que as apertas alivian a dor, a ansiedade e a depresión

Un equipo internacional analiza os beneficios do contacto físico nas persoas a partir da revisión de 212 estudos