O galego Alejandro Gómez gaña o concurso “Somos Científicos”

“Cando lin o meu nome na páxina non podía crelo”, conta Alejandro Gómez, o investigador da USC que acaba de gañar o concurso estatal de divulgación “Somos científicos“, que conta coa colaboración da Fecyt e La Caixa. Alejandro Gómez foi o vencedor na zona Argon, dunha das seis categorías do certame. E a súa compañeira de universidade, a bióloga Andrea Muras, do grupo de Acuicultura e Biotecnoloxía da USC, foi finalista na zona Potasio.

Alejandro dixo estar sorprendido porque “os outros participantes tiñan grandes proxectos e non sempre resultaba fácil transmitirlle aos rapaces a importancia do meu”. Foron varias semanas de traballo intenso, respondendo a moitas das preguntas que lles enviaban centos de rapaces de toda España, tanto a través de mensaxes como de chats en directo, acerca do su traballo investigador.

Publicidade

Un pulo

Para Alejandro, a experiencia de “Somos Científicos” foi moi satisfactoria: “Sinto que os rapaces que participaron no concurso levaron unha boa impresión do meu traballo e iso anímame a seguir indagando no mundo da divulgación científica. Creo que este será un pulo moi importante para o futuro”.

Alejandro investirá os 500 euros do premio na creación dunha web para divulgar o seu traballo

O premio que recibirá Alejandro, de 500 euros, vaino investir na “creación dunha páxina web na que irei colgando os detalles da evolución da miña investigación”. O científico, graduado en Xeografía e máster en tecnoloxías de información xeográfica, é investigador predoutoral no grupo Ambiosol da USC. Sinala que a función fundamental da web será “achegar a todas as persoas ás zonas nas que eu traballo, que moitas veces son lugares inaccesíbeis para a xente de a pé, nos que podes atoparte desde restos de barcos afundidos até unha colonia de cabalos. Creo que desta forma poderei espallar un pouco máis a ciencia fóra do ámbito académico, e iso encántame”, conclúe.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

‘Canteirán’ e ‘canteirá’ entran no Dicionario da Real Academia Galega

A institución incorpora dúas novas acepcións como adxectivo e substantivo por proposta do Real Club Celta de Vigo

Están a converterse as caídas dixitais na nova normalidade?

O pasado 13 de novembre a autoridade de aviación ordenara deter os despegamentos en EEUU e fallaron os servizos de Microsoft 365. Por Paula Lamo

Dous fungos invasores propáganse con rapidez por Galicia: “Son especies moi agresivas”

O micólogo Jaime Blanco explica a chegada a comezos do século XXI e a expansión nos anos seguintes da 'Clathrus archeri' e a 'Favolaschia claudopus'

Que é o Tesouro de Caldas, a xoia patrimonial galega retirada do museo tras descubrir un plan de roubo

O conxunto, formado por 41 pezas e uns 15 quilos de ouro da Idade do Bronce, é unha das mostras máis importantes da ourivaría prehistórica europea