A Domus da Coruña acolle o Mes Escéptico

Desde este mércores 21 e ata o vindeiro 19 de decembro, a Domus dos Museos Científicos Coruñeses acollerá o Mes Escéptico, un ciclo de conferencias organizadas xunto ao Círculo Escéptico, nas que se pon o punto crítico sobre diferentes temas abordados desde a perspectiva científica. A actividade está homologada con oito horas de formación de profesorado. Todas as charlas do ciclo serán de acceso libre e gratuíto.

 

A primeira das sesións, que leva o título De la papilla a los macarrones, todo son marrones, será o mércores 21 de novembro, ás 19.30 horas. Nela falará  Gemma del Caño, farmacéutica especialista en Industria e I+D e experta en industria alimentaria. Del Caño abordará que hai de certo e de falso sobre as ideas dunha boa alimentación infantil, moitas veces influído pola información que vén da industria alimentaria.

Publicidade

Programa (todas son ás 19.30 horas)

– 28 de novembro: Muchas luces y algunas sombras de la tecnología y la accesibilidad, por Fátima García Doval, mestra, licenciada en filosofía e ciencias da educación e doutora en didáctica e innovación.

– 12 de decembro: Caramelos de Alto Riesgo. #StopPseudoterapias”, por Elena Campos Sánchez, Doutora en Biociencias Moleculares (especialidade Biomedicina). Presidenta da Asociación para Proteger al Enfermo de Terapias Pseudocientíficas (Apetp).

– 19 de decembro: Adicción a internet: enganchados a un diagnóstico, por Eparquio Delgado, Psicólogo Xeral Sanitario.

Para obter a certificación de profesorado será necesario asistir a todas as sesións. Aos efectos de homologación de formación do profesorado é necesario facer a inscrición nesta ligazón.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Unha investigación da USC profunda na figura da “adúltera castigada” do Pórtico de Praterías

O profesor José María Anguita Jaén vén de publicar unha extensa análise sobre a imaxe da muller cun cranio no colo que xa é mencionada no ‘Liber Sancti Iacobi’

O Día da Ciencia en Galicia homenaxea a oceanógrafa Aida Fernández Ríos

No acto, organizado pola Real Academia Galega de Ciencias, entregáronse as Medallas de Investigación a cinco referentes galegos de diferentes áreas de coñecemento

Un proxecto galego mellora a detección da deterioración cognitiva mediante análise de sangue 

Unha investigación do IDIS estuda novos biomarcadores para avanzar cara a unha detección máis temperá e un seguimento personalizado