Xoves 28 Marzo 2024

A veterinaria ourensá Eva Cabanelas, semifinalista do certame de monólogos Famelab

A veterinaria formada no Campus Terra da USC Eva Cabanelas Dopazo é única investigadora do Sistema Universitario Galego que figura entre as 16 candidaturas clasificadas para as semifinais da quinta edición do certame de divulgación científica Famelab España, unha iniciativa promovida pola Fundación Española de Ciencia e Tecnoloxía (Fecyt) e o Bristish Council e que conta con patrocinio da Obra Social La Caixa.

Esta científica ourensá, que está a piques de presentar a súa tese de doutoramento na Facultade de Veterinaria de Lugo, unha investigación dirixida polo catedrático do Departamento de Parasitoloxía da USC Pablo Díez Baños no que afonda e achega luz  sobre as particularidades e incidencia dun parasito como é a hypoderma, tomou parte na quinta edición do Famelab España para divulgar “de xeito divertido” o alcance e os resultados dalgunhas das pescudas realizadas no marco da súa investigación de doutoramento.

Publicidade

A gañadora do Famelab España en 2016 foi a bióloga coruñesa Alba Aguión

Dinámica, extravertida, tal  e como definen a Eva Cabanelas os investigadores que traballan con ela no laboratorio de Parasitoloxía da Facultade de Veterinaria de Lugo, esta nova científica non dubidou un ápice en sumarse ao Famelab para realizar así a súa particular achega á divulgación científica: “Un monólogo sobre los barros del ganado, de apenas tres minutos de duración, que grabé en mi casa”, explicou.

A naturalidade é a sinxeleza coa que esta investigadora pre doutoral da USC relata a súa participación neste certame de divulgación científica, contrasta, cando menos, co éxito xa obtido ata o momento. De feito, os membros do xurado encargado de resolver a quinta edición do Famelab, incluíron a proposta presentada por Eva Cabanelas entre as 16 seleccionadas para a fase de semifinais dun total de 79 candidaturas.

Os semifinalistas, divididos en dous grupos de oito participantes cada un, buscarán un oco na final no transcurso de dúas galas que se desenvolverán os días 24 de marzo, en Bilbao, e 7 de abril, en Barcelona, na que participará na divulgadora galega. As dúas cerimonias estarán guiadas pola actriz e humorista Silvia Abril e as oito propostas máis valoradas competirán na fase final española, que se celebrará en Madrid e de onde sairá o gañador que representará a España na final internacional do Cheltenham Science Festival, que se desenvolverá en xuño no Reino Unido.

A gañadora do Famelab en España no ano 2016 foi a bióloga coruñesa Alba Aguión, que tamén quedou subcampioa mundial en Inglaterra.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un bólido cruza a costa de Lugo ata caer no Cantábrico

A segunda bóla de lume visible dende Galicia en apenas dúas semanas procedía da chuvia de estrelas das delta-leónidas

Gciencia celebra o Día da Lingua Materna cun relatorio sobre a divulgación en galego

A xornalista Laura Filloy abordou a importancia de trasladar o coñecemento científico á sociedade nun acto celebrado no Campus de Lugo da USC

Novos achados revelan o carácter funerario da ‘roda’ de Adai, un xacemento único en Galicia

A descuberta dunha ola que se conserva completa e de pé sobre unha lousa suxiren que servía para actos rituais fundacional

Atopado o talón de Aquiles da rata toupa, a praga que azouta a montaña luguesa

O estudo do órgano vomeronasal deste mamífero subterráneo avala o uso de químicos para diminuír a súa poboación e frear o seu impacto na agricultura