Así como a lingua galega ofrece máis de 100 termos para denominar os diferentes tipos de choiva, o léxico tamén aporta infindas ideas para denominar á fauna e á flora. Unha rápida busca no dicionario da Real Academia Galega abre ante nós un grande abano de nomes, case sempre creados grazas a séculos de sabedoría popular.
Son de sobra coñecidas as diferenzas á hora de denominar algunhas especies de peixe dependendo do lugar da costa galega onde se capture. É, por exemplo, o caso da xarda, tamén coñecida como cabala, correolo, escombro, rincha, rinchón ou verdel. Non en tanto, nestas liñas ímonos centrar nas especies de insectos e outros animais de pequeno tamaño.

Unha das especies máis ricas en canto a definicións é o vagalume (Lampyris noctiluca). Máis dunha decena de sinónimos: bicho do lume, cociñeiro, coco de luz, lucecú, meiga, vella, vella do caldo, vella dos valados, vella facendo as papas, vella facendo o caldo, vella sen dentes, velliña da cea, verme canteiro, verme carpinteiro, verme da luz ou verme de luz.
A maruxiña, (Coccinella septempunctata), insecto de forma redondeada e de cores vivas, tamén destaca pola súa gran cantidade de denominacións: barrosiña, coccinela, papasol, papoia, reirrei, voaniña, xoana ou xoaniña.
Aquí hai outros exemplos (entre outros moitos máis) de ‘bechos’ con multitude de nomes:
Bolboreta: choruma, papoia, paxarela.
Vacaloura: cornetán, escornabois, cervo voador.
Rapacarallas: bicha sara, cadela, cadela de frade, forcadela.
Carracha: carracho, carrapata, carrapato, carraza.
Zapateiro: cabra cega-
Miñoca: bichoca, cagón, cagulo, mangón, mioca.
Verme: becha, becho, bechoco, bicha, bicho, bichoca, bichoco, coca, coco, ronco.
Chincha: chinche, percebella.
Carricanta: cantariña, chicharra.
Píntega: becha, bicha, pinchorra, sacabeira, sacarrancha, salamanca,
salamántiga, sapagueira.
Couza: corta, caruncho, rela, traza, trilla.
Mosquito: cínfano, cínife.
Ralo: alacrán ceboleiro, corta, cortón, grilo ceboleiro, osa, relo.
En Tomiño
Ralo: porco fozón
salamántiga: saramajanta
xoaniña: vixaniña
Vagalume Lucerna ou lucernaga .asi a pintarega chamaselle bavosiña o zapateirp chamaselle pita cega ,a vacaloura chamaselle escornabois,a bolboreta polboreta .miñoca mioca. concello gudiña ourense ocidental
Na parroquia do Hio coñécese á pintega como sabandixa.
Eu son do Hío e sempre dixen sarabandixa.
Na miña casa ós vagalume sempre lle chamamos vello en coiro. XD
No meu pobo (Pobra do Caramiñal) a “maruxiña” chamamoslle “Penona”
Nos sempre chamaos carriola .a la cigarra
Vigo
Hai moitos anos, máis de 20, tocoume facer o censo do Concello da Guarda. Alí unha parella tiña un fillo ao que lle puxeran un nome moi orixinal: soaba moi galego e resultaba moi bonito. A avoa do pequecho estaba toda desgustada porque (e cito) “a xente nova de agora non sabe o que fai, mira que poñerlle o nome dun becho!” Cando cheguei á casa, busquei no dicionario e era o nome dun verme. Agora non lembro como se chamaba aquel rapaz (hoxe xa homiño) pero se alguén se anima a dar nomes de vermes que poderían ser usados como nomes de persoa, gustaríame recordalo
Anafagado no meu pobo a Ribeira sacra e unha persoa que non medrou física nin intelectualmente
Boto en falta ó “carabeiro”, que é como lle chaman en Palmeira (Ribeira) e en Cambados ó mexillón. Un caso curioso que non debería de perderse. Nin nos pobos do lado coñecen ese nome, e sen embargo nestes dous puntos da ría é común.
No Val do Dubra a píntega vén sendo unha “pezoia”, seseando un pouco “pesoia”, que é como sempre lle oín chamar, 🙂
No meu pobo (Muros) á maruxiña chamamoslle cascarrubia (Cascarrubia rubia rubia, dime se mañán fai Sol ou chuvia)
Pois ao mosquito pola zona do Ribeiro chámaselles tamén “pínfanos”
Na zona do Ribeiro tamén lle chamamos Pita Cega.
Eu sempre oín pita cega para referirse ao zapateiro (no Concello de Dumbría)
No miña aldea Entrimo (Ourense) a pintarela chamamoslle zaramela.
A pintega coñecese pola zona de sanxenxo,como sabanduxa
No dicionario de sinónimos da Universidade de Vigo http://sli.uvigo.es/sinonimos/ hai moitos máis:
Bicho carozo, bicho da luz, bicho de alumar, bicho sen cú, ciroque, corcoño, coroceiro, luceiro, lucencú, lucerna, pirilampo e verme da noite.
Na miña aldea (no Concello de Boiro) e zonas colindantes existe papoio/a para chamarlle a unha persoa que é aparvada.
Na miña aldea (no Concello de Boiro) e zonas limítrofes existe papoio/a para chamarlle a unha persoa que é aparvada.