Intelixencia artificial para detectar TDAH nas aulas e outros proxectos de Galiciencia 2024

A feira científica reúne un centenar de traballos de alumnado de Secundaria, Bacharelato, FP e Primaria de toda a comunidade

Galiciencia, a maior feira científica que se celebra na nosa comunidade, arrancou esta mañá no Parque Tecnolóxico de Galicia baixo o lema “Mellor, de Madeira” e prolongarase ata o venres. O seu obxectivo é espertar as vocacións científicas entre o alumnado de Primaria, Secundaria, Educación Especial, FP e Bacharelato. Desenvólvese en colaboración coa Consellería de Economía e Industria e a Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (Fecyt). A feira vai reunir nas diferentes actividades programadas a máis de 5.400 participantes

No encontro participan un total de 99 proxectos. Hai propostas moi variadas e de campos tan diversos como a agricultura, bioloxía, física e un longo etcétera, ademais da madeira, protagonista desta edición.

Publicidade

Entre os proxectos, atópase un sistema refrixerado para o traslado de órganos aos centros hospitalarios para a realización de transplantes, un dron autosuficiente para a localización de conatos de incendios, un sistema intelixente para o cuidado de plantas e un estudo sobre as aves nocturas do Courel, entre outros. Destacan tamén as propostas de carácter social como unhas gafas de realidade virtual para que as persoas con discapacidade auditiva poidan sentir a música, un método que emprega a intelixencia artificial para detectar TDAH nas aulas ou un peluche deseñado para calmar os ataques de ansiedade.

En relación coa madeira, un equipo presenta un adhesivo específico para este material; un estudo determina que tipo de madeira é a máis sostible para quentar os fogares; hai un proxecto de eco-casa; unha máquina recreativa; un piano xigante de chan; e xoguetes tradicionais de distintos países que empregan este material como materia prima, entre outras moitas ideas e proxectos.

Publicidade

Ademais do concurso, a feira compleméntase con actividades que buscan achegar a ciencia e a tecnoloxía aos máis novos de xeito práctico e divertido. O alumnado de Primaria e Educación Especial está a participar en dous talleres diferentes. Por un lado, na experiencia “Enredando coa madeira: da árbore ao cesto” a rapazada pode coñecer como a madeira é un material duro e resistente, pero en contacto coa auga abranda e vólvese maleable. Nesta liña, están a descubrir como esta propiedade tan asombrosa permitiu durante séculos aos tecer cestos, sombreiros e mesmo obras de arte, grazas aos recursos que nos dan as árbores.

Por outro lado, o taller “Harmonía coa madeira: cúpulas xeodésicas” céntrase nestas estruturas de gran beleza, cuxa simetría e regularidade resultan visualmente moi atractivas. O alumnado ten a oportunidade de comprobar como, aínda que se poden construír con diferentes materiais, a madeira é a que lles dá ese matiz harmónico. Así, están a gozar coa construción de pequenas cúpulas con pauciños e conectores impresos con tecnoloxía 3D a base de madeira, comprendendo dun xeito moi sinxelo a forza estrutural que achegan os triángulos. 

Programa de radio 

Os rapaces e rapazas de Secundaria e Bacharelato que expoñen os seus proxectos na feira tiveron esta mañá a ocasión de asistir e participar no programa “Efervesciencia” da Radio Galega, que conduce Manuel Vicente. No transcurso do mesmo contouse coa participación dos expertos e expertos no eido da madeira e co director do Parque Tecnolóxico de Galicia, Javier Taibo.

O espectáculo de ciencia poderá seguirse por ‘streaming’

Na xornada de mañá xoves, entre as 11:00 e as 12:00 horas, vaise celebrar un novo espectáculo de ciencia para alumnado de Secundaria, FP e Bacharelato. Poderá seguirse a través da canle de Youtube de Tecnópole.

Ademais, terá lugar a final do desafío científico “Atrévete coa Madeira!”, no que durante os últimos meses participaron equipos desde 4º de Primaria a Bacharelato de toda Galicia de xeito online.  

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo de Santiago revela patróns xenéticos compartidos entre oito trastornos mentais

Un novo estudo do IDIS aplica por primeira vez unha abordaxe estatística novidosa en psiquiatría co obxectivo de mellorar o diagnóstico e impulsar a medicina personalizada

Está empobrecendo a IA a linguaxe xornalística (e da sociedade)?

A propagación da IA e o consecuente adestramento doutros modelos con textos sintéticos contribúe a eliminar a diversidade e riqueza lingüística. Por Xosé López-García e Cristian Augusto González Arias

Unha nova ferramenta de IA analiza a microbiota da poboación galega para anticipar enfermidades

Dous investigadores do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur crean un novo índice para identificar zonas de actuación prioritaria e apoiar a toma de decisións sanitarias

O científico galego César de la Fuente lidera a creación dunha IA para deseñar antibióticos máis eficaces

A ferramenta ApexGO permite optimizar moléculas e acelerar a obtención de tratamentos fronte a patóxenos resistentes