Guía para non perder os grandes eventos astronómicos de maio dende Galicia

O paso de Marte polo 'Enxame' e as choivas de meteoros das Eta Aquaridas son os principais fenómenos do mes

A cada apaixonado da ciencia gústalle algo diferente. Algúns, visitar museos sobre historia. Outros, explorar pola natureza a biodiversidade de Galicia. E, moitos deles, ademais de mirar ao chan buscando plantas ou aos lados vendo exposicións, ollan cara a arriba: ao ceo.

GCiencia preguntou durante esta semana como moitos viviron o apagamento. E, ademais de todo o malo, algúns aseguraron que unha das mellores cousas que tivo foi poder mirar as estrelas sen a contaminación luminosa de moitas cidades. Aquí vai unha lista para que non perdas os acontecementos astronómicos deste mes.

Publicidade

Eta Acuáridas

Estas chuvias de meteoros son as últimas antes de que comece o verán. Aínda que a súa visibilidade é maior no hemisferio sur, tamén poderán distinguirse desde Galicia. A súa orixe provén do cometa Halley, ao igual que a choiva das Oriónidas, que ten lugar en outubro. Os seus meteoros teñen unha taxa de actividade de entre 40 e 85 fragmentos por hora, cunha velocidade de ata 66 quilómetros por segundo. Para ter unha mellor referencia, isto é equivalente a 237.600 quilómetros por hora.

O día no que se poderán distinguir mellor será o próximo 6 de maio en torno ás 5:00. Poderán observarse preto da constelación das Acuáridas. Desde Galicia, esta asoma polo horizonte leste-sueste pouco antes do amencer. Non se recomenda utilizar ningún tipo de instrumento para non limitar o campo de visión. Débense evitar as zonas máis iluminadas do firmamento, como por exemplo a Lúa. O máis importante é estar nun lugar sen contaminación luminosa.

Publicidade

O paso de Marte polo ‘enxame’

Un punto avermellado moverase no ceo cara a un grupo de pequenas estrelas. Será o paso de Marte polo cúmulo M44 no firmamento. Son un conxunto de máis de 1.000 astros a 577 anos luz da Terra. Este suceso é visible entre o 30 de abril e o 3 de maio e a súa hora ideal é entre as 22:00 e as 2:00.

Aquí si que é beneficioso contar cun telescopio ou con binoculares. Desta forma, os afeccionados á astronomía poderán ver ese contraste entre Marte e o resto de estrelas. Só terán que mirar preto da constelación de Cangrexo, entre Xemini e León.

A Lúa das Flores

A lúa chea de maio, que será o próximo día 12, é a máis pequena do ano. Tamén coñecida como a “Lúa do Leite”, realmente non amosa unha cor especial, máis alá de como poida influír a iluminación. Ademais, é a última microlúa do ano. O nome “Lúa das Flores” ten a súa orixe na cultura popular dos nativos norteamericanos. Está conectado co florecemento propio desta tempada en todo o hemisferio norte.

As conxuncións de maio

Neste mes poderán verse diversas combinacións de distintos planetas. O 3 de maio a Lúa estará moi preto de Marte, cerca da constelación de Cangrexo. O día seguinte, será a de Venus e Neptuno e, o día 28, a Lúa e Xúpiter estarán moi preto un do outro, á altura da constelación de Tauro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Canto creceron as cidades galegas nos últimos 10 anos? Descúbreo neste mapa interactivo

A plataforma World Settlement Footprint Tracker sinala que tan só o 1,56% da superficie galega está ocupada por urbes ou contornas urbanas

O tesouro micolóxico da illa de Cortegada: é o lugar do mundo con máis densidade de fungos

O micólogo Saúl de la Peña atopou no enclave das Illas Atlánticas 1.500 tipos de cogomelos, cando se estima que hai uns 2.000 en toda Galicia

O virus da encefalite transmitida por carrachas chega a Galicia: un estudo detecta anticorpos en animais

Un equipo da USC confirma a circulación do patóxeno, considerado unha ameaza de saúde pública pola gravidade dos síntomas neurolóxicos que pode causar

Un proxecto galego producirá mexilla mellorada en criadeiro para combater a falta de semente silvestre

O sector do mexillón galego é responsable de preto da metade da produción que abastece a Unión Europea