Artigos máis recentes de

Redacción

Así evolucionaron os incendios en Ourense en tan só unha semana

As imaxes aéreas do satélite Sentinel-2 permiten comparar a gran superficie ardida nos últimos quince días no sueste de Galicia

Os lumes saltan a Pontevedra: dous incendios en Oia e Vilaboa ameazan varios núcleos rurais

Un foco no municipio lucense de Carballedo obriga a evacuar a medio cento de rapaces e monitores aloxados nun albergue

Un equipo galego crea micropingas sintéticas que imitan as funcións básicas das células vivas

O CiQUS deseña prometedores candidatos para aplicacións en medicina rexenerativa, terapias dirixidas e a construción de tecidos artificiais

Confirmada a presenza de larvas de mosquito tigre no concello de Mos

O municipio pontevedrés súmase aos de Moaña, Vigo, Redondela, O Porriño, Cangas, Vilaboa e Bueu, onde xa está introducida a especie

Raio de esperanza contra o lume: chega unha masa de aire húmido a Galicia

Meteogalicia prognostica chuvias febles e baixada de temperaturas nalgunhas das zonas máis afectadas polos incendios

Sete incendios activos en Ourense arrasan 67.000 hectáreas

O lume de Larouco afecta a unha superficie estimada de 20.000 hectáreas e xa se converte no maior da historia de Galicia

Confirmada a presenza do mosquito tigre en Bueu

O concello do Morrazo é o sétimo de Galicia, xunto a Moaña, Vigo, Cangas, Redondela, O Porriño e Vilaboa, en notificar a aparición do 'Aedes albopictus'

Así se ven as cicatrices dos incendios que devastan Ourense

O satélite Sentinel-2 captura fotografías aéreas da catástrofe incendiaria que está a arrasar a provincia

Investigadores alemáns descubren proteínas que reverterían o envellecemento cutáneo

Un estudo de laboratorio revela que o sangue novo, en combinación coa medula ósea, activa indicadores clave que poderían restaurar a xuventude da pel humana

Un xene clave no desenvolvemento embrionario protexe a reserva de células nai do cerebro adulto

Investigadoras do Centro de Neurociencias Cajal-CSIC descobren unha xanela temporal temperá despois do nacemento esencial para establecer unha neuroxénese adulta duradeira
10343 Articles written