Xoves 18 Abril 2024

Este é o vídeo do regreso da balea azul a Galicia

O BDRI publica máis imaxes do exemplar avistado preto das Illas Cíes durante unha saída este domingo 14 de xullo

Benvidas, xigantes do mar“. Así saúda o Bottlenose Dolphin Research Institute (BDRI), con base no Grove, o regreso da balea azul a Galicia por terceiro ano consecutivo, despois dos “históricos” avistamentos de 2017 e os rexistros do pasado ano.

Foi este domingo 14 de xullo cando nunha saída de investigación do BDRI puido verse de novo un exemplar de Balaenoptera musculus acompañada dun rorcual ou balea común (Balaenoptera physalus), no que tamén supón o primeiro avistamento de 2019 para un adulto desta especie.

Publicidade

Segundo explica Bruno Díaz, director da institución do Grove, o exemplar, duns 22 metros de lonxitude, nadaba a unhas millas das illas Cíes. “Estas observacións, xunto a un estudo realizado en conxunto con investigadores das Azores confirman o movemento destes animais que unha vez rematan o seu periodo de alimentación nas Azores viaxan a Galicia para seguir alimentándose”, tal e como narraban desde o BDRI en abril deste ano.

A balea azul está de volta en Galicia: un exemplar de 22 metros preto das Cíes

A viaxe da balea azul a Galicia

O avistamento desta fin de semana achega, por tanto, novas pistas para coñecer as rutas que marca esta especie a través do Atlántico. “Entre finais da primavera e comezos de verán de 2017 identificárase nos Azores unha balea azul, e a través dos rexistros fotográficos puidemos ver despois que o mesmo exemplar foi o que nós avistamos nas costas galegas a finais de verán e comezos de outono dese ano”, explicaba Díaz no mes de abril.

Pouco despois daqueles avistamentos de 2017, viuse que non fora o único gran cetáceo que seguira esa ruta. “Vimos que había un rorcual común, que ademais era fácil de detectar porque tiña vitilixe, que seguira o mesmo camiño”, engade o director do BDRI. “Son dúas especies distintas, con distintas necesidades de alimentación e comportamento, polo que esta viaxe da balea azul a Galicia parece ser habitual”.

Despois de finais de 2017, durante o pasado ano rexistráronse novos exemplares de Balaenoptera musculus moi preto da costa de Galicia, mesmo en datas máis temperás. “Avistáronse antes, e xa a finais de xullo vimos unha cría de seis meses, pero tamén é certo que realizamos máis saídas, e son precisos máis estudos antes de confirmar que haxa algún patrón novo nesta presenza”, aclara Bruno Díaz.

As boas novas dos dous últimos anos xa levaban a pensar que en 2019 aparecerían outra vez estes xigantes do mar preto de nós. Hai estudos, segundo explica Díaz, que apuntan a que as baleas se desprazan baseándose na súa memoria; é dicir: máis que por criterios oceanográficos, son quen de regresar aos lugares donde atoparon máis alimento e facilidades.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Ten sentido implantar en Galicia a nova medida antitabaco do Reino Unido?

A investigadora da USC Mónica Pérez advirte que nos países con altas taxas de fumadores é difícil que esta medida saia adiante

Galicia rexistrou preto de 43.100 raios en 2023, un 66% máis que o ano anterior

O día co maior número de descargas eléctricas detactadas foi o 9 de setembro, cun total de 10.204

Un potente anticiclón adianta o verán en Galicia con temperaturas por enriba dos 31 graos

As altas presións situadas sobre Francia están bloqueando a chegada de borrascas e atraendo aire cálido ao norte da península

Unha trintena de casos de dengue en Portugal: debemos preocuparnos en Galicia?

O mosquito tigre, vector da enfermidade infecciosa, detectouse por primeira vez no territorio galego no verán de 2023