A USC lidera un proxecto sobre a percepción pública do radón

Con financiamento do Consello de Seguridade Nuclear, proporanse accións de comunicación dirixidas a diferentes sectores sociais

A profesora Berta García Orosa, investigadora do Grupo Novos Medios da Facultade de Ciencias da Comunicación, lidera o proxecto Radón en España: percepción da opinión pública, axenda mediática e comunicación do risco. A duración do proxecto é de tres anos (2021-2024) e está financiado polo Consello de Seguridade Nuclear (CSN). O seu obxectivo principal é analizar a percepción pública do radón en España para propoñer accións de comunicación dirixidas a diferentes sectores da sociedade, especialmente nas comunidades autónomas con maior incidencia como é o caso de Galicia, que é a comunidade con maior superficie afectada de España.

O radón é un gas inodoro, insípido e incoloro. Trátase dun gas radioactivo natural procedente da cadea de desintegración do uranio e, por tanto, ubicuo na natureza, pero que constitúe a primeira causa de morte por cancro de pulmón entre as persoas non fumadoras. Malia que o radón non supón un risco ambiental e de saúde pública, a súa prevención é bastante sinxela, xa que se consegue cunha boa ventilación dos espazos de traballo, domicilio ou ocio. Porén, a comunidade científica sinala o escaso coñecemento por parte da sociedade tanto dos riscos como das medidas de prevención.

Publicidade

Dende 1998 a Organización Mundial da Saúde (OMS) cualifica o radón como un elemento canceríxeno cando se produce exposición a niveis altos en interiores e propón métodos para previr e reducir a súa concentración. Aínda que nos últimos anos mellorou a concienciación por parte da cidadanía, segue sendo necesario un traballo máis profundo, tal e como recolle a Directiva Europea 2013/59/Euratom.

O interese deste proxecto radica precisamente no desenvolvemento de accións de comunicación que permitan á sociedade coñecer os riscos da exposición ao radón. Así, por exemplo, as redes sociais veñen considerándose dende hai tempo espazos útiles para a difusión de información sanitaria porque axudan á detección e prevención de enfermidades e favorecen cambios de condura e comportamento.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O outono comeza este mércores ás 2.05 horas despois dun verán de temperaturas récord

A terceira estación do ano vaise estender ata o 21 de decembro ás 21.50 horas

Un estudo da USC constata efectos respiratorios persistentes cinco anos despois da erupción da Palma

A investigación incluíu máis de 600 participantes e comparou a evolución de poboación exposta e non exposta dentro da illa

Un novo tratamento deseñado na USC axuda a deixar de fumar en oito semanas e sen saír da casa

A Unidade de Tabaquismo e Trastornos Aditivos desenvolve unha aplicación móbil para realizar o seguimento dos pacientes a través de videochamadas

Como de sostibles son os bioplásticos?

Trátase dunha nova alternativa aos plásticos convencionais, fabricados con menos enerxía e biodegradables mediante compostaxe