Pódcast | É hora de entender o cambio horario, con Jorge Mira

O catedrático de Física da USC, membro do comité de expertos que asesorou ao Goberno, aclara as dúbidas respecto ao movemento do reloxo

Este sábado 25 de marzo toca cambiar a hora. Ás 2.00 de madrugada serán as 3.00, por se queda dúbida. Coa mudanza ao horario de verán, tamén chega un debate recorrente na opinión pública. Os medios de comunicación e as redes sociais aliméntano e, como non, tamén entran no xogo os bulos. Que se afecta no aumento de mortes por enfermidades e suicidios; que se se fai por aforrar enerxía eléctrica; e ata que no Estado español este método adoptouse por influencia da Alemaña nazi.

Este novo episodio de Investigar na USC titúlase É hora de falarmos do cambio horario, pero a idea non é orixinal. Tomouse prestada dun dos artigos de investigación que asinou o catedrático da Facultade de Física Jorge Mira. Ademais, Mira formou parte do comité de expertos que asesorou ao Goberno neste sentido. Neste terceiro capítulo, acláranos tódalas dúbidas ao respecto e desminte unha grande chea de fake news.

Publicidade


Escoita Investigar na USC en: SpreakerSpotify, IvooxiHeartGoogle PodcastsDeezerPodcast Addict, JioSaavnPodchaser.

2 COMENTÁRIOS

  1. Xa sabemos da predisposición do Sr Mira pola mudanza horaria.
    Acaso o Sr Mira ve ben que as crianzas, que nestes días comezaban a erguer con luz para ir á escola, volvan ter 1 mes máis para erguer de noite?; o mesmo sucede no outono, que perden a posibilidade de erguer con luz do día porque até fin de outubro non se volve ao horario de inverno.
    O Sr Mira explica moi ben o que a el lle interesa, o que nunca poderá explicar é a contradición das súas opinións coas dos pediatras, as dos xerontólogos e as dos médicos en xeral, todo para poder tomar a cervexa nunha terraza ás dez da noite (as mesmas palabras “dez da noite” din todo) con luz do día, inexplicable!

  2. Agradecería que comentaran as implicacións debidas aos ritmos biolóxicos que producen varias hormonas segundo a luz solar. Eu entendo que, un pouco, o horario oficial en relación coa luz solar non é o importante. Nun mesmo día hai x horas de luz solar e y de noite. O importante son os horarios das actividades, os do traballo, dos comercios, dos colexios, o de durmir, etc… Mais eu penso que sí é importante que durmamos de noite e teñamos a maior actividade con luz natural. A melatonina é unha das principais hormonas que controlan o soño e o descanso, e depende da luz, sendo fundamental no desenvolvemento dos nenos máis pequenos que deben durmir a escuras. Quen é nai ou pai sabe o complicado que é deitar un raparigo pequeno ás 21 horas do vrao cando en Galiza fai un Sol “de carallo” e o importante que son estes horarios para o correcto desenvolvemento dos rapaces nesta fase fundamentak do seu crecemento, por exemplo…

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O IGFAE incorpórase ao experimento do CERN que observou o bosón de Higgs

O profesor Xabier Cid será o responsable da participación do Instituto nesta colaboración internacional que reúne máis de 6.000 persoas de case 60 países

O cultivo de lúpulo en Galicia, baixo análise: un estudo cuantifica por primeira vez a súa pegada ambiental

Un equipo da USC sitúa o elevado consumo de auga no centro do debate e aposta por repensar a súa xestión para que as explotacións sexan máis sostibles

É o seu bebé demasiado dependente das pantallas? Sinais de alerta antes dos seis anos

Como identificar patróns de uso problemático e fomentar un desenvolvemento equilibrado na primeira infancia

Dentro dos laboratorios do CiQUS: así se constrúen as células sintéticas

Un equipo do centro da USC desenvolve un sistema máis flexible para crear estruturas biomiméticas que poderían axudar a entender mellor a vida e abrir novas vías en biotecnoloxía