Martes 19 Marzo 2024

Porto ten maior produción científica que a suma das tres universidades galegas

A RAGC reúne a 60 expertos para analizar un informe que conclúe que a produción do sistema universitario galego presenta unha "importante desaceleración"

Mais de 60 investigadores das tres universidades galegas, incluíndo os tres vicerreitores de investigación e a maioría de responsables dos centros singulares do Sistema Universitario Galego (SUG), reuníronse este mércores no Centro de Estudios Avanzados da USC para analizar o informe sobre a evolución da produción científica en Galicia que foi desenvolvido pola Real Academia Galega de Ciencias (RAGC).

O documento, que está dispoñible no portal da Academia, debulla en 19 páxinas a evolución entre 1999 e 2018. E os datos advirten de que os centros de investigación do país están perdendo pulo fronte ao avance das rexións da contorna. Así, o traballo conclúe que o SUG “está a diverxer notablemente” en comparación cos sistemas universitarios do entorno, tanto no referente ao norte de Portugal como fronte a España e Europa.

Publicidade

Norte de Portugal

A análise pon o foco no crecemento que experimentou nos últimos anos o grupo das tres universidades do norte do país veciño (Porto, Minho, e Trás-os-Montes e Alto Douro). Mentres que o crecemento de Galicia foi dun 6,1%, lastrado de forma importante pola crise e os recortes a partir de 2009, as tres institucións portuguesas medraron a un ritmo anual do 13,2% en canto a produción. “A pesar de ter unha situación de crise moi superior á de Galicia, soubo manter unha política expansiva en ciencia”.

A Universidade do Porto tiña no 2000 unha produción menor cá USC e hoxe supera a do conxunto de Galicia

Como exemplos, o documento expón o caso da Universidade do Porto, que no ano 2000 tiña unha produción inferior á da USC e hoxe supera ao conxunto do SUG, ou o da Universidade do Minho, que superou no 2003 a produción da UDC e en 2011 á da UVigo, achegándose xa á USC, que acapara o 50% da produción en Galicia.

Entre os motivos, a RAGC apunta á “política activa e intensa de captación de talento polas universidades portuguesas nos anos 2000, previos á crise, coa incorporación dun número moi importante de investigadores de nivel internacional”. Unha aposta que redundou nun maior cadro de investigadores posdoutorais e, deste xeito, un aumento da calidade media das publicacións e da produtividade media dos investigadores.

Deste xeito, a rexión norte de Portugal acadou agora a categoría de “rexión forte” en termos de innovación, mellorando desde 2012, fronte ao estancamento de Galicia na clasificación de “innovación moderada”.

España

A menor diverxencia de Galicia respecto á contorna está na comparativa co resto de España, cun crecemento lixeiramente superior a Galicia (6,5% fronte a 6,1%). Nalgúns casos, como o da Politécnica de Valencia e a Pompeu Fabra, hoxe superan á USC despois de partir dunha situación de desvantaxe na década dos 2000.

O pulo de Icrea e Ikerbasque

A análise repara tamén na relevancia na creación dos programas Icrea (Cataluña) e Ikerbasque (Euskadi) para a produción científica nestas rexións. Estas institucións, creados pola Generalitat en 2001 e o Goberno vasco en 2007, apostaron pola captación talento internacional de alta calidade, un feito que impactou positivamente tanto na Universidade do País Vasco como algunha das institucións catalás: a Autònoma de Barcelona medrou ata superar, con bastante distancia, ao conxunto da produción en Galicia.

Na xornada organizada o mércores pola RAGC analizáronse posibles medidas, tanto internas das universidades, como externas que poden permitir mellorar a situación do SUG no contexto nacional e internacional. As conclusións publicaránse a vindeira semana.

O informe completo pode consultarse nesta ligazón.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Inmaculada Rodríguez: “Antes faciamos empresas de parafusos, agora de ciencia e tecnoloxía”

A directora xeral de Unirisco reclama dar o salto da investigación á empresa nas xornadas 'Investir en Ciencia si é rendible’, que organiza xunto a Noso Capital

Galicia lidera o debate sobre a rendibilidade da ciencia da man de Unirisco

Universidades europeas e centros de investigación analizarán en Santiago o impacto das tecnoloxías disruptivas e a importancia de crear ecosistemas emprendedores

A credibilidade na ciencia é menor entre a mocidade que entre o público adulto

Só o 72,6% das persoas de entre 18 e 24 anos cre que as disciplinas científicas buscan a verdade, fronte ao 90,2% da poboación maior de 65 anos

Seis imaxes que cambiaron a historia da ciencia

https://theconversation.com/javascripts/lib/content_tracker_hook.js *Un artigo de O ser humano empregou primeiro o debuxo e...