O presidente da RAGC pide un pacto de país pola ciencia

Lema advertiu de que a produción e o impacto científico das universidades galegas leva anos evolucionando a un ritmo moito menor que as de Portugal

O presidente da Real Academia Galega de Ciencias (RAGC), Juan M. Lema Rodicio, fai unha chamada urxente á reflexión política, social e empresarial sobre a necesidade de establecer un pacto de país pola ciencia. Durante o acto de apertura do curso académico, celebrado esta tarde en Santiago, Lema botou man dunha análise realizada pola institución sobre a produción científica das tres universidades galegas e o impacto desta, en comparación coa doutras universidades da península ibérica e do resto de Europa. 

Segundo destacou, as universidades galegas levan máis dunha década mostrando unha evolución nestes indicadores que evidencia unha distancia cada vez maior, por exemplo, en relación coas do norte de Portugal. Cun número menor profesores, a produción e o impacto da investigación foron prácticamente o dobre nas universidades lusas que nas galegas en 2018.

Publicidade

O acto de apertura da RAGC, presidido polo titular da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, acompañouse do ingreso de cinco novos académicos correspondentes e contou coa lección maxistral “A xeoloxía e o cambio climático na Terra”, a cargo de Juan Ramón Vidal Romaní.

Luis Liz Marzán, Xosé Ramón Bustelo, Aníbal Figueiras, Beatriz González e Manuel de León pasaron esta tarde a formar parte da súa nómina de científicos e científicas galegos –ou cunha estreita vinculación a Galicia– de recoñecido prestixio nas súas áreas de coñecemento e que exercen a súa actividade investigadora en centros de referencia no resto de España ou no estranxeiro, con capacidade para contribuír á promoción da ciencia en Galicia a través da RAGC.

Publicidade

Ao acto asistiron, entre outras autoridades, a conselleira de Educación, Universidade e FP, Carmen Pomar; o reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde; a presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez; os vicerreitores de Investigación das Universidades de Santiago e Vigo, Vicente Pérez Muñuzuri e Belén Rubio; e a vicerreitora de Relacións Institucionais da Universidade Carlos III, Matilde Sánchez.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Dentro do ‘Odón de Buen’, o buque ‘vigués’ que navega cara á nova campaña científica na Antártida

O oceanográfico construído en Galicia participará por primeira vez nas operacións de apertura das bases españolas do polo sur

Galicia facilita o acceso a Lenzetto dende o estranxeiro ante o desabastemento do fármaco para a menopausa

A falta de tratamento indicado para tratar os síntomas da deficiencia de estróxeno tras a menopausa ten outras alternativas financiadas

Que é o efecto Fujiwhara? O fenómeno polo que un tren de borrascas regará Galicia

Unha fronte activa avanzará polo oeste peninsular e deixará choivas que se manterán canto menos ata o xoves

As emisións bioxénicas de CO2 aumentaron o 64% en Galicia dende 1990

Se se contabilizasen nos inventarios oficiais, elevarían nun 20% o balance galego de gases de efecto invernadoiro