Venres 19 Abril 2024

A UVigo aproba un plan pioneiro de igualdade para profesoras e investigadoras

A medida ten por obxectivo paliar os paróns na carreira académica en casos de maternidade, conciliación e/ou violencia de xénero

“A Universidade de Vigo vaise converter nun referente ao ser pioneiro neste tipo de medidas”, asegura Águeda Gómez, directora da Unidade de Igualdade da institución, que este luns se converteu na primeira institución académica española, e unha das poucas europeas, en aprobar unha acción positiva, dentro das convocatorias propias de produción científica en investigación, docencia e transferencia, que aborda a denominada “fenda de coidados” por razón de maternidade, conciliación e/ou violencia de xénero, que afecta principalmente ás mulleres docentes e investigadoras.

As e os integrantes do Consello de Goberno aprobaron este luns en sesión ordinaria e por unanimidade este plan pioneiro de “acción positiva” que se traducirá en que toda investigadora da institución terá dereito a solicitar que a avaliación da súa produción científica, docente ou de transferencia sexa equivalente á media acadada nos cinco anos anteriores a atoparse nas seguintes situacións, polo tempo de duración das mesmas e ata a convocatoria de avaliación inmediatamente posterior á súa finalización: crianza dunha filla ou fillo, ata que acade os seis anos de idade; coidado directo dun familiar, ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade, que non poida valerse por si mesmo a causa da súa avanzada idade, de accidente ou enfermidade grave ou que estea a recibir atención psicolóxica prescrita por sufrir violencia de xénero.

Publicidade

Así mesmo, a medida aprobada contempla que o dereito previsto no suposto anterior, estenderase a calquera investigador da Universidade que obtivese un permiso ou excedencia por razón dos supostos de crianza de fillos e coidado directo dun familiar, previo informe favorable da Unidade de Igualdade e polo tempo de duración do permiso ou excedencia, ata a convocatoria de avaliación inmediatamente posterior a súa finalización. Na súa intervención ante do Concello de Goberno o reitor destacou que “entendemos que hai unha inxustiza de base, que fai parte do teito de cristal que ás veces atopan as mulleres na súa carreira científica e aínda que esta medida non vai romper o teito, si que recoñece esas dificultades e atrancos das mulleres durante embarazo e crianza dos rapaces”, asegurou o reitor Manuel Reigosa, que lembrou que o acordo foi aquilatado pola Asesoría Xurídica da Universidade para evitar que “menoscabe e provoque problemas que intentamos evitar, porque non podemos xerar inxustizas para outros colectivos”.

A galega María de la Fuente gana a batalla polas nais científicas

Reigosa, que destacou que esta medida ten custo cero, porque non hai cambios na cantidade prevista para a avaliación da produción científica e de transferencia, incidiu en que non se aplicará só no caso das mulleres que teñen fillos, “senón para todas aquelas situacións sociais que atinxen tanto a mulleres, como a homes e que teñen que ver co coidado dos fillos, maiores e quedando incluso abertas situacións que produzan menoscabo na produción científica”, explicou. Pola súa banda, a directora da Unidade de Igualdade afirma que con esta medida queremos “converter a nosa Universidade nunha organización que non sexa ‘cega ao xénero’ e que recoñeza e facilite a compatibilidade da conciliación entre vida laboral, familiar e persoal a académicas e  académicos que se atopen nalgunhas das situacións contempladas”, detalla Águeda Gómez.

A aprobación desta medida de acción positiva a aplicar nas convocatorias de avaliación do PDI da Universidade de Vigo foi un dos puntos da orde do día da sesión ordinaria de Consello de Goberno celebrada este luns.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A historia da primeira industria galega que empregou a máquina de vapor

Un estudo da USC analiza ‘La Victoria’, a descoñecida fábrica de fundición e louza da Coruña creada en 1844

Un equipo de atlanTTic deseña antenas innovadoras para satélites xeoestacionarios

O proxecto da UVigo busca unha redución na masa e o volume da tecnoloxía, así como diminuír os custos

Un equipo da UVigo analiza en alta resolución o transporte de humidade no Atlántico norte

O grupo EphysLab investiga como se altera o ciclo hidrolóxico na rexión oceánica por procesos relacionados co cambio climático

Grandes mulleres científicas que loitaron para romper o teito de cristal

https://theconversation.com/javascripts/lib/content_tracker_hook.js *Un artigo de Katalin Karikó é a flamante gañadora do último...