Santiago estrea o prototipo dun innovador sistema de climatización para uso residencial

A residencia do Burgo das Nacións é o lugar escollido para testar o primeiro acumulador térmico de alto rendemento

Adaptarse aos climas para achegar frío ou calor procedente de enerxías renovables ao longo de todo o ano en vivendas. Ese é o obxectivo do prototipo que acaba de empezar a súa fase de probas na residencia do Burgo das Nacións da Universidade de Santiago, unha das cinco localizacións onde se está a probar MiniStor.

Este proxecto europeo con 17 socios e que conta con participación de Fundación Empresa-Universidad Gallega (Feuga) arranca unha nova fase de probas en Santiago. Alí téstase o funcionamento deste pioneiro sistema nun contexto de residencia de estudantes, logo de facerse en localidades de Grecia ou Irlanda en outros usos e condicións climáticas.

Publicidade

O modelo ten a capacidade de acadar un almacenamento térmico dez veces superior ao da auga. Faino a través dun sistema termoquímico baseado en sales de amoníaco e cloruro de calcio que se combina cun material de cambio de fase que é quen de acumular calor latente. A isto súmanselle paneis híbridos fotovoltaicos e térmicos e unha ferramenta dixital asistida para manexar o sistema e adoptar decisións intelixentes.

A idea é achegar máis flexibilidade á hora de escoller entre frío ou calor aproveitando as fontes de enerxía renovable durante todo o ano, co que pretende contribuír ao aforro de electricidade e calor.

Publicidade

Deste xeito, a da USC acolle as probas do sistema pioneiro en edificios para estudantes. Na residencia do Burgo das Nacións, situada no Campus Norte compostelano, faranse os tests sobre os climas temperados de influencia atlántica ca instalación nun piso de 80 metros cadrados do complexo.

Pasada a fase de instalación, a unidade operará baixo a responsabilidade da USC, que será a encargada de medir unha serie de indicadores sobre o impacto esperado, tendo en conta a experiencia dos usuarios.

MiniStor ten capacidade para operar por enriba dos 20 anos, condición establecida na convocatoria do programa europeo de investigación Horizonte 2020, que blinda o soporte técnico ao longo da vida e o reciclado dos compoñentes cando xa non sexan necesarias.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Máis eficiente e sostible: así funciona o sistema galego que optimiza o uso do xurro como fertilizante

O proxecto Purinpreciso mide o nivel de nutrientes que require o solo en tempo real para adaptarse ás necesidades de cada explotación

Dos incendios ao mar: Galicia converte a cooperación territorial nunha ferramenta fronte a grandes retos

Máis de 60 asistentes participan en Santiago nunha xornada organizada por Feuga que reuniu proxectos europeos sobre lumes, innovación, sostibilidade mariña e turismo

O outono comeza este mércores ás 2.05 horas despois dun verán de temperaturas récord

A terceira estación do ano vaise estender ata o 21 de decembro ás 21.50 horas

Un estudo da USC constata efectos respiratorios persistentes cinco anos despois da erupción da Palma

A investigación incluíu máis de 600 participantes e comparou a evolución de poboación exposta e non exposta dentro da illa