O avance industrial deixa pegada ata nos fondos mariños máis profundos e afastados da costa

Unha investigación con participación galega detecta variacións nos leitos das zonas máis profundas dos océanos

A historia recente da humanidade deixa unha fonda pegada nos leitos mariños dos océanos máis profundos, incluso os que están máis afastados da costa. Así o determina unha investigación encabezada polo Instituto Español de Oceanografía (IEO) na que participou o Centro Oceanográfico de Vigo.

Os resultados do estudo vén de publicarse na revista Science of the Total Environment. Para reconstruír a historia da contaminación nos fondos mariños do Cantábrico e o nordeste do Mediterráneo, os investigadores analizaron testemuñas de sedimento obtidos a profundidades entre 80 e 1.150 metros.

Publicidade

A través da análise das capas e contaminantes presentes, metais (mercurio ou chumbo) e microplásticos, os investigadores comprobaron a forma na que a industrialización, a construción de presas ou a produción de plásticos marcan de forma persistente os fondos.

“O uso de máquinas de vapor, que empregan carbón como combustible, supuxo un aumento dos niveis de arsénico no sedimento”, sinala Juan Santos, investigador do Centro Oceanográfico de Vigo e primeiro autor do estudo.

Publicidade

Lonxe da costa

Unha das principais conclusión do estudo é que a man do home déixase notar mesmo nas zonas máis afastadas do litoral, o coñecido como Deep Sea. Alí atopáronse sinais de actividade industrial, polo que os investigadores avogan por continuar con estas liñas de traballo para afondar no impacto sobre a fauna mariña.

Tamén hai pegada nos fondos da construción de presas. Desde os anos 1960 apréciase unha caída da presencia de elementos naturais como o litio ou o aluminio, que estaría relacionado cunha menor descarga fluvial sobre os mares, unida a cambios nos réximes de choivas e a ocupación masiva da faixa litoral.

Así mesmo, a aparición de capas desde mediados do século XX testemuñan o inicio do emprego dos plásticos. “A historia da contaminación por microplásticos está ben rexistrada nestes sedimentos, probablemente porque a súa aparición no uso cotiá e a industria foi máis rápida e xeneralizada que na da maioría dos metais”, sinalan os autores.

Outra das pegadas da man dos homes son as consecuencias da pesca de arrastre, que remove os sedimentos e xera discontinuidades no rexistro de indicadores como a extinción do chumbo radioactivo, variable que se emprega para datalos.


Referencia: Unravelling the anthropogenic pressures in deep waters of the N Iberian Peninsula in the last centuries through the study of sediment cores. (Publicado en Science of the Total Environment).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A crise da sardiña en Galicia: cae un 90% en 30 anos

O "stock" do Atlántico sufriu un pronunciado descenso na cantidade da súa biomasa debido ao cambio climático e o consecuente quentamento das augas, entre outros factores

Un novo modelo conceptual revela a elevada complexidade da dinámica do fitoplancto nas Rías Baixas

Un equipo do IEO-CSIC e da UVigo propón un enfoque por capas que evidencia a influencia dos afloramentos na organización das comunidades microscópicas

Tecnoloxía galega e vasca moderniza a pesca costeira do bonito

Un grupo da UVigo e do centro tecnolóxico Leartiker desenvolve solucións para reducir o esforzo dos pescadores e mellorar a eficiencia do proceso

Tratado de Alta Mar: unha nova esperanzadora para a saúde dos océanos

O ordenamento das zonas máis afastadas da costa leva discutindo desde hai dúas décadas e só recentemente asinouse un Tratado de Alta Mar