Residuos do lúpulo para fabricar téxtiles sostibles: así é o novo proxecto do CITIC co MIT

A investigación, financiada por Inditex, explorará o potencial das follas e talos de lúpulo para desenvolver fibras e tinguiduras naturais

O Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) da Universidade da Coruña forma parte dun novo proxecto internacional de investigación financiado financiado por Inditex a través do MIT-Spain Inditex Circularity Seed Fund, un programa promovido pola compañía en colaboración co Massachusetts Institute of Technology (MIT), no marco de MIT Global Seed Funds (MISTI). O equipo investigador explorará novas vías para valorizar os residuos xerados pola industria cervexeira mediante o desenvolvemento de materiais téxtiles sostibles a partir de follas e talos de lúpulo, contribuíndo así a avanzar nos principios da economía circular e a descarbonización do sector téxtil. O proxecto atópase nun estado inicial, no que se están a programar as primeiras fases, centradas en analizar o potencial do lúpulo como materia prima, tanto no posible uso das súas fibras como na obtención de tinguiduras naturais derivados dos seus compostos.

Dar unha segunda vida aos residuos do lúpulo

Cada ano, o cultivo e procesamento do lúpulo para a elaboración de cervexa xera unha importante cantidade de restos vexetais que, na súa maioría, carecen de aproveitamento. O obxectivo do proxecto é determinar si estes subprodutos poden converterse en materias primas de alto valor engadido para a fabricación de fibras téxtiles ou tinguiduras naturais. O equipo do CITIC identificará os compostos con potencial para aplicacións téxtiles, desenvolverá prototipos experimentais e avaliará o seu comportamento e o seu impacto ambiental fronte a materiais convencionais, co fin de analizar a súa viabilidade técnica e industrial.

Publicidade

Universidade, industria e investigación

O proxecto reúne capacidades complementarias do ámbito académico e empresarial. O MIT achegará a súa experiencia en materiais avanzados e análise estatística, mentres que Cosecha de Galicia, empresa que forma parte da Corporación Hijos de Rivera, facilitará o acceso á materia prima e colaborará na validación dos desenvolvementos. Inditex, que fai posible o financiamento da iniciativa a través do programa MIT-Spain Inditex Circularity Seed Fund, participará ademais na avaliación industrial dos novos materiais para analizar o seu potencial de aplicación no sector téxtil.

Ciencia para unha economía circular

A iniciativa aspira a xerar coñecemento interdisciplinar en ámbitos como os biomateriais, a estatística aplicada e os materiais sostibles, á vez que promove novas estratexias de valorización de residuos agrícolas. Desde o punto de vista ambiental, o proxecto contribuirá a reducir o desperdicio de recursos e a impulsar modelos de produción máis sostibles, xerando ademais novas oportunidades económicas para o medio rural.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Unha investigadora da UVigo converte os residuos da industria cervexeira nunha crema antienvellecemento

O estudo de Briolanja dos Santos revela que o lúpulo destaca no eido da cosmética polas súas propiedades hidratantes, exfoliantes e antiinflamatorias

Un novo método obtén penso saudable para peixes de acuicultura a partir de restos da industria cervexeira

O CSIC elabora alimento para douradas de cultivo a partir de microalgas que aproveitan minerais e nutrientes derivadas da elaboración de cervexa, o que pode reducir a sobrepesca

A segunda vida da roupa: a colaboración galega que transforma residuos téxtiles en decoración

Un equipo da UDC e unha 'start up' de Bergondo desenvolven novos materiais con descartes procedentes da industria

Gumersindo Feijoo: “Os nosos fillos e netos vivirán menos se abandonan a dieta atlántica”

O catedrático de Química da USC e director científico do CRETUS ingresa na Real Academia Galega de Ciencias