Chega o pico das Delta Acuáridas: poderá verse a chuvia de estrelas dende Galicia?

O máximo coincidirá cunha madrugada marcada pola nubosidade e pola lúa chea, dous factores que dificultarán a observación do fenómeno

A chuvia de estrelas das Delta Acuáridas iluminará o ceo nocturno dende o 12 de xullo ata o 23 de agosto. Con todo, o seu pico de actividade terá lugar na noite do xoves 30 ao venres 31, con entre 15 e 20 meteoros por hora cada noite. Pero a visualización dende Galicia complícase a causa de dous factores principais: por unha banda, o mapa da previsión de MeteoGalicia indica unha madrugada nubrada, e o mesmo durante a noite do venres ao sábado, outra das posibles oportunidades para observar a máxima actividade das Delta Acuáridas; por outra, a fase luar é chea, polo que o satélite terá unha iluminación de máis do 99%.

Estes meteoros proveñen do cometa 96P Machholz e teñen o seu radiante na estrela delta, denominada como Skat, da constelación de Acuario; de aí o seu nome. En boas condicións, e a pesar de que se observan mellor dende o hemisferio sur a causa da localización do seu radiante, tamén son visibles dende o hemisferio norte cunha taxa de actividade máis baixa. Por iso, a mellor maneira de velas é dirixir os ollos á parte baixa da liña do horizonte.

Publicidade

Unha das principais vantaxes respecto a outras chuvias de estrelas que adoitan durar uns días, o seu período de actividade é de máis dun mes, polo que aumentan as probabilidades de poder ver un meteoro pasar brillante a través do ceo.

Que facer para velas?

A pesar de que, dende Galicia, será un fenómeno astronómico difícil de observar, existen unha serie de medidas para velas. En primeiro lugar, debe verse en calquera sitio que ofrezca un ceo escuro, preferiblemente nun lugar con poucos obstáculos para a vista, evitando edificios, árbores ou montañas. En segundo lugar, aínda que parecen vir da constelación Acuario, pódense ver dende calquera parte do ceo. Finalmente, debe dirixir a mirada ás zonas máis escuras, na dirección oposta á posición da Lúa, para que non interceda a contaminación luminosa.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un novo bólido sorprende en Galicia: como identificar este tipo de fenómeno astronómico

O CSIC confirma que o meteoro se puido observar dende diversos enclaves distribuídos por Ourense, O Porriño, Arteixo e Vigo

Próxima cita astronómica en Galicia: o 28 de agosto haberá unha eclipse lunar parcial

O evento poderá observarse a simple vista dende toda a comunidade galega sen necesidade de lentes ou aparellos especiais

Dende Doniños ata Francia: así viviron as grandes científicas e científicos galegos a eclipse total de Sol

O fenómeno do 12 de agosto reuniu a referentes da ciencia en distintos puntos do mapa, que o viron en praias e xardíns

EN DIRECTO | A Coruña vive a eclipse entre nubes, cunha coroa solar apenas visible

A totalidade durou un minuto e 16 segundos na cidade, mentres que noutros puntos de Galicia, como Sigüeiro, durou menos con ceos despexados