A Xunta activa por primeira vez a emerxencia cinexética en toda Galicia ante os danos do xabaril

A medida estará vixente ata o 31 de xullo de 2027 e permitirá intensificar as capturas para reducir os danos na agricultura, os accidentes de tráfico e os riscos sanitarios

A Xunta de Galicia vén de declarar a emerxencia cinexética temporal en todo o territorio de Galicia ante a presenza e os danos ocasionados polo xabaril, que entrará en vigor o venres 31 de xullo e estenderase durante o vindeiro ano, abranguendo así toda a tempada de caza 2026-2027, incluídos os Tecores e zonas libres, onde se poderán desenvolver estas medidas extraordinarias e excepcionais. Ademais, nesta ocasión, inclúense tamén as explotacións cinexéticas comerciais de caza maior. Trátase primeira vez que se aplica en toda a comunidade e a sexta vez que se recorre a este instrumento provisional coa fin de axilizar a aplicación de medidas dirixidas ao control das poboacións desta especie.

Segundo o Goberno galego, a necesidade da declaración busca eliminar o risco e reducir o tamaño das poboacións de xabaril para previr posibles futuros danos. A resolución débese a unha análise pormenorizada dos efectos da agricultura, dos accidentes de tráfico e do censo gandeiro porcinos. Tamén se tomou en consideración o seu potencial como factor de difusión e mantemento da peste porcina africana, xa que a elevadas poboacións favorecen a dispersión da enfermidade, dificultan a súa erradicación e incrementan o risco de que pase a ser endémica en Europa.

Publicidade

Durante a súa vixencia, permitirase abater ou capturar sen límite de exemplares, xabarís de ambos sexos, prioritariamente femias adultas e subadultas de todas as idades. Así mesmo, será posible abater crías e femias seguidas de crías sempre e cando haxa unha autorización especial previa por parte da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, de acordo co establecido na Lei de caza de Galicia. Con todo, a declaración de emerxencia cinegética temporal poderá quedar suspendida antes no seu conxunto ou en parte do ámbito de aplicación, sempre previa resolución, de constatarse que desapareceron as causas que motivaron a declaración.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A Xunta declara a situación de seca prolongada nos sistemas do Ulla-Tambre e no da Costa Norte

A falta de precipitacións reduce os recursos hídricos e eleva a vixilancia en 74 concellos, mantendo a alerta nas concas do Lérez e do Anllóns

A Xunta insta á empresa responsable da represa do río Umia a corrixir as deficiencias detectadas

As inspeccións detectaron filtracións que afectan o correcto funcionamento da infraestrutura e do paso previsto para os peixes migratorios

Un programa pioneiro permitirá coñecer as avelaíñas do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia

A primeira mostraxe da Xunta en Cortegada rexistrou 127 exemplares de máis de 40 taxóns nunha soa noite

O caso da sentenza das Conchas: por que a Xunta volve abrir o decreto sobre nitratos da Limia?

A reapertura da consulta pública coincide co primeiro fallo do TSXG sobre o encoro e impulsa o debate para frear a contaminación da comarca