Universidade

Acordo “histórico”: seis graos impartirán o 80% en galego no vindeiro curso

A Comisión Interuniversitaria de Política Lingüística aproba unha proposta que inclúe titulacións das universidades de Vigo, A Coruña e Santiago

As imaxes que amosan a desigualdade do galego no ensino universitario

A diferenza a favor do castelán é notoria na maior parte de titulacións, principalmente nas áreas técnicas, sanitarias e naturais

Santiago incorpora a Ben Feringa e Nicholas Peppas á súa lista de “honoris causa”

Os científicos Nicholas A. Peppas e Bernard L. Feringa, dúas referencias mundiais nas súas respectivas especialidades, forman parte dende este mércores da historia da...

A USC inviste como “honoris causa” a Ben Feringa e Nicholas Peppas

O Nobel de Química 2016 recibirá o recoñecemento xunto ao bioenxeñeiro estadounidense nun acto que terá lugar o vindeiro mércores

A UVigo aproba un plan pioneiro de igualdade para profesoras e investigadoras

A medida ten por obxectivo paliar os paróns na carreira académica en casos de maternidade, conciliación e/ou violencia de xénero

A USC, entre as 10 primeiras de España polo seu rendemento global

O U-Ranking, elaborado pola Fundación BBVA, avalía as actividades docentes e de I+D+i de cada universidade española

A USC recorrerá ao Supremo a sentenza sobre o finiquito dos investigadores predoutorais

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia emite unha sentenza a raíz dunha demanda presentada no 2017 por Comisións Obreiras

A UVigo acada 700.000 euros para dous proxectos no plan Ignicia

RadioUAV e Aidfork, que investigarán en aeronáutica e análise de datos, foron dúas das sete iniciativas seleccionadas entre case 50 solicitantes

O programa InTalent UDC-Inditex devolve a Galicia a dous investigadores de prestixio

A politóloga Mónica Ferrín Pereira e o informático José A. Iglesias Guitián incorpóranse á Universidade da Coruña para continuar a súa carreira

Tres edificios do campus de Vigo estrean nome de muller

Ernestina Otero, Filomena Dato e Exeria dan nome desde esta semana ás instalacións de Xerencia-Servizos Centrais; Anexo a Xerencia e Reitoría

200 especialistas participarán en xuño no Congreso Nacional de Biotecnoloxía en Vigo

A reunión incluirá por primeira vez unha liña temática sobre produtos e procesos biotecnolóxicos de orixe mariña

Unha nova doutora que le a tese en Vigo con 76 anos

Marleine Paula Marcondes presentou a súa tese doutoral sobre a sátira política medieval galego-portuguesa

O CINBIO de Vigo superou os 200 millóns en contratos en tres anos

O Centro de Investigacións Biomédicas fixo 550 publicacións e creou cinco spin-offs dende 2016

Que pasa coa contaminación da Facultade de Farmacia da USC?

Unha fuga de combustible nun depósito que non conseguiu solucionarse obriga á universidade a preparar a demolición do edificio

Nace Aemat, a nova gran rede de coñecemento da USC

A Agrupación Estratéxica de Materiais reúne a máis de 120 investigadores de 11 grupos multidisciplinares no ámbito dos materiais

A contaminación obriga a demoler o edificio principal de Farmacia en Santiago

O Consello de Goberno da USC anunciou o xoves a decisión despois de tres anos de peche por reformas, que non deron froito